Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A BIBLIOTECA MUNICIPAL DO ALTO ACOLLE UNHA NOVA SESIÓN DO FORO DE CIDADÁS SOBRE A LACTANCIA MATERNA
A cita está programada para o mércores día 27 de outubro, ás 18:00 horas. A charla será impartida pola asociación BBTTA.
Narón, 26 de Outubro de 2010.- A Concellería de Igualdade de Narón, dirixida pola edil Mª del Carmen Espada, ven de organizar unha nova edición do Foro de Cidadás, enmarcado no I Plan de Igualdade para as Mulleres de Narón. A cita terá lugar o mércores 27 de outubro, ás 18:00 horas, no sótano da Biblioteca Municipal e levará por título “Lactancia materna”. Nesta charla colaborará a asociación BBTTA, quen presentará os beneficios da lactancia materna para bebés e nen@s e nais, ó tempo que se resolverán as dúbidas que sobre esta materia se prantexen. O Foro de Cidadás é un instrumento para fomentar a participación das mulleres na vida social e política. A súa finalidade é a de ofertar un espazo de comunicación para o colectivo feminino, onde establecer redes de apoio mútuo, compartir experiencias e intercambiar opinións, ademáis de servir de nexo entre as demandas das mulleres e o propio Concello. Coma noutras edicións, o Concello ofertará un servizo de atención para mulleres que teñan ó seu cargo a persoas dependentes ou menores. Este servizo funcionará durante o tempo que dure o Foro.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal