Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O XI TORNEO 'CIDADE DE NARÓN' DE TENIS DE MESA REUNIRÁ A 137 DEPORTISTAS DE TODA GALICIA
Se celebra o dia 1 de novembro, no Pavillón Polideportivo Campo da Serra (Santa Icía).
Narón, 29 de Outubro de 2010.- O Pavillón Polideportivo Campo da Serra (Santa Icía) acollerá o vindeiro luns 1 de novembro a segunda parte do XI Torneo Cidade de Narón de Tenis de Mesa –a primeira parte celebrouse o pasado 12 de outubro-, en horario de 9:30 a 20:30 horas e de xeito ininterrumpido. Agárdase a participación de 137 xogadores (112 masculinos e 25 femininos) pertencentes ós 21 clubes participantes: Academia San Mamed (Ourense), Anorthosis (Vimianzo), Arteal T.M. (Santiago), Breogán (Oleiros), Club Coruña T.M. (A Coruña), Cambre T.M. (Cambre), Club do Mar de San Amaro (A Coruña), Club Ferrol T.M. (Ferrol), San Xoán T.M. (Ferrol), Conxo T.M. (Santiago), Dez Portas (Lugo), Rábade T.M. (Rábade), Mercantil de Vigo (Vigo), Oroso T.M. (Oroso), Ribadumia T.M. (Ribadumia), S.D. Ribadeo (Ribadeo), Helios Bembrive (Vigo), S.D. Hípica (A Coruña), Temegal (A Coruña), Club Narón T.M. (Narón) e Club Tenis de Mesa Cidade de Narón (Narón). Do Club Narón Tenis de Mesa participarán 16 xogadores, e do Club Tenis de Mesa Cidade de Narón 29 xogadores. A organización establece probas absolutas masculinas e femininas. A Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida, destacou o repunte de deportistas que practican esta disciplina en Narón, propiciado pola entrada en funcionamento das novas instalacións ubicadas no local social de A Solaina. Ademáis, a edil destacou a labor que realiza o Clube Narón Tenis de Mesa no fomento desta práctica deportiva entre a mocidade. “Quero agradecerlles públicamente o esforzo que veñen realizando durante estos 30 anos de historia do clube, nos que sacaron adiante ós deportistas e ó propio clube. Tamén quixera destacar a labor social que veñen desenvolvendo coa mocidade de Narón a través do deporte”; sinalou. Ademáis, o Clube Tenis de Mesa de Narón organiza unha Concentración de Xogadores e Xogadoras Galegas que terá lugar os días 30 e 31 de outubro no Local Social de A Solaina –onde ten a sede este clube- en horario de 9:30 a 14:00 horas e de 16:30 a 20:30 horas. Asistirán 24 xogadores/as das categorías benxamíns, alevíns e infantís (8 deles son xogadores/as de Narón). Esta concentración está dirixida polo Director Técnico da Federación Española, o danés Steen Hansen. Tamén asistirán os seleccionadores galegos Miguel Cabaleiro e José R. Cora, os adestradores Liviu Pedroica e Adrián Vidal, e os sparrings David Meizoso, Diego Quintero, Miguel A. Roca e Jorge Estévez.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal