Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
Concello e Obispado acordan colaborar na recuperación do Mosteiro do Couto
Tanto o alcalde naronés, Juan Gato, coma o Bispo da Diócese de Mondoñedo-Ferrol, Manuel Sánchez Monge coincidiron en calificar como "unha reunión moi positiva" a mantida por ambos recentemente de cara a establecer fórmulas de colaboración nos temas que atinxen á Igrexa no municipio naronés. Ao longo da reunión, que foi a primeira dende a chegada de Sánchez Monge ao cargo, estableceuse un compromiso de colabración do Concello coas iniciativas da Diócese para tratar de recuperar e salvar da ruína ao Mosteiro de San Martiño do Couto, emblema arquitectónico e relixioso de Ferrolterra. Gato afirmou que o concello aunará forzas có obispado para tratar de involucrar nos proxectos de recuperación ás administracións supralocales. Gato afirmou que un elemento tan emblemático non pode deixarse deteriorar máis, polo que cumpre reconstruilo, e o máximo representante eclesiástico da bisbarra apuntou que o Mosteiro podería ser nun prazo de tempo razonable la sede varias inciativas académicas y eclesiásticas como o arqurivo dos Estudios Mindonienses ."Trátase, en definitiva, de que o Mosteiro estea vivo, que non se arruine" de xeito definitivo, sinalou o bispo. Manuel Sánchez Monge fixo fincapé no exemplo que Narón supón para a comarca pola "tradición de colaboración mutua ao longo do tempo, sobre todo nas actividades de atención aos cidadáns desfavorecidos", sinalou. Ambos dirixentes acordaron ademáis actuacións conxuntas en outras materias coma o posible traslado do cemiterio contiguo ao novo Pazo da Cultura no Alto do Castiñeiro.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal