Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO RECOLLEU 2.600 LITROS DE ACEITE DOMESTICO NOS ULTIMOS MESES E ANIMA A CIDADANIA A EMPREGAR OS CONTENEDORES
Instalaronse depositos nos barrios de A Solaina, A Gandara, O Alto, Freixeiro e Xuvia.
Narón, 18 de Novembro de 2010.- A Concellería de Servizos de Narón, dirixida polo edil Pablo Mauriz, recolleu nos últimos tres meses un total de 1.400 litros de aceite vexetal procedente dos seis contenedores instalados na zona urbana fai seis meses, ademáis doutros 1.200 litros de aceite do mesmo tipo, depositados no Punto Limpo Municipal do polígono de Rio do Pozo. En total suman 2.600 litros de aceite que foron recollidos polo Servizo Municipal e que supoñen unha redución importante das emisións de productos contaminantes á ría, xa que segundo lembrou o edil en rolda de prensa, cada litro de aceite contamina unha media de 1.000 litros de auga. O Concello agarda recoller aproximadamente outros 1.000 litros máis de aceite antes de que finalice este ano 2010. A relación de litros recollidos en cada un dos contenedores de aceite é a seguinte: -Contenedor da Praza de Santa Icía (A Solaina): 380 litros. -Contenedor da Praza da Gándara: 400 litros. -Contenedor da Estrada de Castela, 50-52: 200 litros. -Contenedor da rúa 25 de Xullo: 270 litros. -Contenedor da Estrada de Castela, 564: 100 litros. -Contenedor da Praza do Xulgado de Xuvia: 50 litros. Dende o Concello de Narón faise un chamamento á cidadanía para empregar o uso dos contenedores de aceite doméstico, o que supón un beneficio importante para o medio ambiente xa que así recibirá o tratamento axeitado. Ademáis, tamén pode levarse ó Punto Limpo Municipal situado no Polígono de Rio do Pozo (frente a Sogama) e aberto de luns a venres de 10 a 13 horas e os sábados de 10 a 14 horas. Ademáis de aceite, no punto limpo municipal poden depositarse os seguintes residuos: escombro/carbón, chatarra, electrodomésticos, roupa usada, mobles, enseres, papel e cartón, vídrio, madeira, plásticos, pinturas e disolventes, restos de poda, e envases.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal