Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABRE O TRAFICO A PONTE ELEVADA QUE CONECTA A SOLAINA CO CAMIÑO DA TORRE (O ALTO)
A construccion desta infraestructura foi cofinanciada polo programa FEDER da Union Europea.
Narón, 19 de Novembro de 2010.- O Concello de Naron abriu hoxe oficialmente o trafico a ponte elevada que discurre sobre a via de FEVE a altura do Camiño da Torre, no barrio de O Alto, e que conecta esta rua coa do Bon Xesus, en Santa Icia. Segundo explicou o Alcalde de Naron, Jose Manuel Blanco, os traballos foron executados con Fondos Feder da Union Europea (correspondentes a anualidade 2007-2011) en colaboracion co Concello de Naron, que aportou o 30% do investimento. As obras tiveron un orzamento total de 467.000€ dos cales 382.500€ foron financiados por Europa. A nova infraestructura permitira mellorar a accesibilidade e a movilidade, o conectar os barrios de O Alto (a traves do Camiño da Torre) e Santa Icia (mediante a Rua Bon Xesus). Non obstante, dada a estreitez deste ultimo vial, inicialmente so permitirase o trafico rodado nunha direccion (dende Bon Xesus ata o Camiño da Torre). O Concello esta a executar actualmente a prolongacion da Avenida da Solaina, e cando estea finalizado, en febreiro de 2011, permitirase a circulacion en ambos sentidos. Ademais da calzada en ambas direccions, a ponte dispon de beirarruas para o transito peatonal, e barandillas con proteccions especiais por enriba da via de FEVE. A relacion de proxectos cofinanciados polo programa FEDER (Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional) figura no seguinte enderezo web: http://europa.naron.es/

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal