Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO REALIZA OBRAS DE MANTEMENTO E MELLORA NOS PARQUES INFANTÍS DE NARON
Entre as actuacións previstas, contémplase a instalación de columpios especiais para nen@s de 1 a 3 anos.
Narón, 4 de Decembro de 2010.- A Concellería de Parques e Xardíns do Concello de Narón está a realizar obras de amaño e acondicionamento de diferentes parques do municipio. A intervención consiste en traballos de mellora dos xogos infantís e valado dos parques, así como o pintado dos mesmos. Esta intervención realizarase nun total de 10 parques infantís e biosaludables de Narón, nos que se realizará unha inversión conxunta de 53.806 euros. A relación de zonas nas que se está a actuar é a seguinte: -Parque das Vivendas do Obispo 3.847 € (A Gándara) -Parque das Vivendas de Amenadás 8.796 € (Freixeiro) -Parque Biosaudable de Piñeiros 2.286 € (Piñeiros) -Parque da rúa Bimbieiro 3.298 € (Freixeiro) -Parque da Finca Federica 4.807 € (Santa Icía) -Parques da Praza de Galicia 9.747 € (O Alto) -Parque Biosaudable de A Solaina 2.515 € (A Solaina) -Parque da rúa Mandeo 3.518 € (Freixeiro) -Parque da rúa Pascual Veiga 3.609 (O Alto) -Parque da Praza da Lectura * 11.383 € (O Alto) *Neste último parque colocaranse ademáis 4 novos xogos infantís, para nen@s de 3 a 6 anos de idade. Ademáis do amaño de elementos de xogo e o pintado e valado dos parques, dende a Concellería de Servizos adquiriuse novo mobiliario urbano para que nestos espazos de xogo infantil tamén poidan disfrutar os máis novos. Así, téñense adquirido catro columpios especiais para bebés de 1 a 3 anos de idade (asentos con arnés, tipo ban ban) que se instatalarán nos parques infantís con máis demanda de usuarios de Narón. A maiores, o Concello tamén realizou nestas últimas semanas o acondicionamento de tres novas zonas verdes, situadas na Finca Permuy (A Gándara), na Rúa Santa Tecla (O Alto) e na Avenida Conde de Fenosa (Piñeiros). O coste total desta intervención ascendeu a 18.236 euros. Con todas estas actuacións en marcha, o Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, declarou que o Concello de Narón “síguese a traballar na mellora da calidade de vida dos nosos veciños e veciñas, aumentando os espazos públicos de lecer e adaptándoos as necesidades da poboación”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal