Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
OBRADOIRO SOBRE EMANCIPACIÓN E EMPREGO NA BIBLIOTECA MUNICIPAL
Se celebrará o dia 21 de decembro. Para asistir é imprescindible inscribirse na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) do Concello.
Narón, 13 de Decembro de 2010.- A Biblioteca Municipal do Alto acollerá o vindeiro dia 21 de decembro o Obradoiro de Emancipación Xuvenil sobre Emprego e Vivenda, organizado pola Xunta de Galicia en colaboración co INJUVE (dependente do Ministerio de Igualdade). Trátase dun programa no que se darán a coñecer á mocidade as ferramentas necesarias e os recursos dos que dispón a Administración, para facilitar a emancipación da mocidade galega. Esta iniciativa diríxese a mozos e mozas menores de 30 anos, animadores xuvenís, técnicos locais de emprego, axentes de desenvolvemento local, concelleiros de xuventude, asociacións xuvenís e en xeral a todos aqueles colectivos interesados na xuventude, na vivenda e no emprego. Este obradoiro foi solicitado polo Concello de Narón á Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta. O Obradoiro ten unha duración de 3 horas (comenzará ás 17:00 e rematará ás 20:00 horas) e para poder participar é imprescindible inscribirse na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) situada no 1º andar do Concello, en horario de mañá (de 8:30 a 13:30 horas). A Concelleira de Mocidade de Narón, Natalia Hermida, animou á xuventude a participar neste seminario, de carácter práctico. “Dende o Concello de Narón creemos que é un programa interesante para os mozos e mozas, xa que poderán coñecer os recursos dispoñibles en especial en materia de emprego e autoemprego. Ademáis, tamén saberán qué axudas lles ofrecen as administracións para adquirir ou alugar unha vivenda”, sinalou a edila. O programa do Obradoiro de Emancipación Xuvenil é o seguinte: EMPREGO -Perspectivas actuais en materia de emprego. -O currículo vitae: deseño e presentación. -Emprego autónomo: constitución, axudas e subvencións. -Sociedades mercantís: axudas e subvencións, e financiación allea. -Emprego no exterior. VIVENDA -Compra de vivenda. -Aluguer de vivenda: bolsa de aluguer. -Renda Básica de Emancipación. ONDE ATOPAR A INFORMACIÓN? -Información administrativa. -Oficinas de información xuvenil. -Concellos.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal