Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ACTIVIDADES DE OCIO EDUCATIVO E DEPORTIVO PARA @S NEN@S DE NARÓN DURANTE O NADAL
Ofértanse o programa Ecoescola en Aldea Nova, unha Ludoteca Comunitaria e o programa de ocio deportivo Depornadal 2010.
Narón, 17 de Decembro de 2010.- O Concello de Narón ten elaborada unha completa programación de ocio educativo e deportivo dirixida ós nenos e nenas de Narón, para este Nadal. A oferta compleméntase cos festivais infantís que tamén haberá na Praza de Galicia tódalas tardes (entre o 27 de decembro e o 5 de xaneiro, de 16:30 a 20:30 horas. As Concelleiras de Igualdade e Infancia, Mª del Carmen Espada, e Deportes e Participación Cidadá, Natalia Hermida, presentaron hoxe en rolda de prensa estas actividades que comenzarán a vindeira semana. Por un lado presentouse unha nova edición do programa Ecoescola, que se desenvolverá do 27 ó 30 de decembro no parque temático Aldea Nova (Sedes). Este programa está pensado para familias “que precisan conciliar o traballo co coidado dos seus fillos neste periodo de vacacións escolares”, sinalou Mª del Carmen Espada, responsable do mesmo. Os destinatarios son nen@s de 3 a 12 anos de idade, e as solicitudes poderán presentarse no Concello de Narón ata mañá dia 18 de decembro. O prezo do programa é de 15€ e inclúe xantar e desprazamento ata Aldea Nova. O Concello oferta un total de 60 prazas (estando reservadas 10 delas para nen@s do programa de inclusión social, que non deberán abonar coste algún). A Ecoescola se desenvolverá en horario de 7:30 a 18:30 horas, e durante ese tempo os nenos e nenas “realizarán actividades lúdicas e educativas, relacionadas co agro, o medioambiente e a cultura” tal e como indicou a Concelleira de Infancia e Igualdade, Mª del Carmen Espada. De xeito complementario, o Concello realizará un programa denominado Ludoteca Comunitaria e dirixido a nen@s de 4 a 8 anos de idade. Se desenvolverá nos distintos barrios e parroquias de Narón, e para asistir ó memos non é necesaria a inscrición previa, tal e como informou a Concelleira de Participación Cidadá, Natalia Hermida. A Ludoteca Comunitaria estará atendida por catro educadoras sociais que se turnarán para cubrir as 40 horas totais de duración deste programa. Se desenvolverá do 22 de decembro ó 8 de xaneiro, nas prazas e locais sociais e nos seguintes edificios municipais: Casa da Mocidade, Ludoteca Municipal, e Biblioteca Municipal. Trátase dun programa gratuito, co seguinte cronograma: DECEMBRO Mércores 22 16:30-18:30 Local Social S.Xiao Detectives da natureza e obradoiro de creatividade Xoves 23 11:00-13:00 Praza da Gándara*- Xogos Populares 16.30-18:30 Praza da constitución* -Xogos Populares Venres 24 11:00-13:00 Local Social Sedes -Obradoiro musical: O son da música Local Social Os Cruceiros de Castro-Detectives da natureza e obradoiro de creatividade Luns 27 11:00-13:00 Local Social Trasancos 16:30-18:30 Local Social Domirón Obradoiro musical: O son da música Martes 28 11:00-13:00 Local Social S.Xiao-Xogos Populares 16:30-18:30 Local Virxe de Fátima Piñeiros-Animación á lectura e creación de títeres Mércores 29 11:00-13:00 Local Social Sedes- Xogos Populares 17:00-19:00 Biblioteca Infantil (Casa da Mocidade)- Animación á lectura e creación de títeres Xoves 30 11:00-13:00 Local Social Altea-Obradoiro musical: O son da música 11:00-13:00 Local Social O Val- Animación á lectura e creación de títeres Venres 31 11:00-13:00 Praza de Galicia*- Xogos Populares XANEIRO Luns 3 11:00-13:00 Local Social A Gándara-Obradoiro musical: O son da música 18:00-20:00 Biblioteca Municipal-Animación á lectura e creación de títeres Martes 4 17:00-19:00 Local Social O Val- Xogos Populares Venres 7 11:00-13:00 Local Virxe de Fátima Piñeiros-Xogos Populares 16:30-18:30 Ludoteca Municipal-Animación á lectura e creación de títeres Sábado 8 16:30-18:30 Local Social A Pombiña de Pedroso- Detectives da natureza e obradoiro de creatividade * No caso de mal tempo se farán as actividades no local social da zona correspondente Tanto a Ecoescola coma a Ludoteca Comunitaria se complementan tamén con Depornadal 2010. Como Concelleira de Deportes, Natalia Hermida avanzou que ata o de agora xa téñense rexistradas 58 inscricións para participar nesta primeira edición do programa de ocio deportivo, que se desenvolverá do 27 ó 30 de decembro no Pavillón Polideportivo da Gándara e na Casa da Mocidade. A matrícula pode realizarse nas oficinas do pavillón (en horario de mañá) e na conserxería (pola tarde) ata o dia 20 de decembro. As actividades que se ofertan en Depornadal 2010 son as seguintes: futbol sala, baloncesto, natación, balonmán, patinaxe, tiro con arco, voleibol, e tenis de mesa. As actividades se levarán a cabo no Pavillón Polideportivo de A Gándara, agás o tiro con arco e a patinaxe que serán no Pavillón da Mocidade. Este programa de ocio deportivo ofrece “disciplinas deportivas relativamente sinxelas para os nenos e nenas, e ó mesmo tempo sirve para que teñan un primeiro contacto con estas actividades e cos clubes que as realizan en Narón”, sinalou a Concelleira de Deportes, Natalia Hermida.

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es