Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
AMPLIACIÓN DO PROGRAMA DE ACTIVIDADES MEDIOAMBIENTAIS "ECOESCOLA" EN ALDEA NOVA
Ofrécese un segundo turno, do 3 ó 5 de xaneiro. As inscripcións poden realizarse no Concello ata o 27 de decembro.
Narón, 21 de Decembro de 2010.- A Concelleira de Ensino e Igualdade de Narón, Mª del Carmen Espada, informou hoxe da ampliación do programa Ecoescola ós primeiros días do ano 2011. Inicialmente, o Concello de Narón tiña convocado este programa de actividades medioambientais en Aldea Nova do 27 ó 30 de decembro de 2010, pero ante a existencia de prazas libres decidiuse amplialo ós días 3, 4 e 5 de xaneiro de 2011. Os interesados en participar neste segundo turno (nen@s de 3 a 12 anos de idade) deberán formalizar a inscrición no Rexistro Xeral do Concello ata o dia 27 de decembro. O programa Ecoescola está dirixido a familias que precisan conciliar o traballo co coidado dos seus fillos e fillas en períodos de vacacións escolares do Nadal. O prezo do programa é de 15 euros, e inclúe o xantar e o desprazamento ó parque temático integral do mundo rural Aldea Nova (Sedes). Existen unha serie de prazas reservadas para nen@s do programa de inclusión social, que non deberán abonar coste algún. A Ecoescola se desenvolverá en horario de 7:30 a 18:30 horas, e durante ese tempo os nenos e nenas realizarán actividades lúdicas e educativas, relacionadas co agro, o medioambiente e a cultura, o que lles permitirá adquirir novos coñecementos de xeito divertido. Relación de actividades incluídas na Ecoescola do Nadal 2010: -Xogos tradicionais (a chave, a rá, os birlos, o aro, as buxainas) -Enerxías renovables (experimentar e aprender coas novas tecnoloxías, cociñas na cociña solar, facer motores…) -Astronomía (identificar as diferentes constelacións, planetas e demais obxectos do ceo no planetario inchable ou no mesmo ceo cos telescopios…) -Pegadas, rastros e sinais (recoñecer animais de diferentes maneiras sen necesidade de velos, e obradoiros de pegadas dos animais) -Agroecoloxía (labores na horta de forma ecolóxica e tradicional) -Supervivencia (saber orientarse no medio físico) -Cometas (aprender a facer cometas) -Gandeiría (coñecemento e coidado dos animais de granxa) -Etnografía (historia e tradicións de Galicia aproveitando a reprodución do castro, da mámoa ou a casa-museo) -Cociña (facer o pan no forno tradicional de leña, facer o queixo…) -Reciclaxe artístico (elaborar obxectos partindo de elementos de refugallo, por exemplo construción de monicreques…) -Construción de xoguetes (xoguetes tradicionais galegos e outros) -Candeas (realizar velas con paneis de abellas) .Xabón (realizar xabón a partir de elementos reciclados e naturais)

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
naron.gal