Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
SORTEO DOS PREMIOS DA CAMPAÑA DE APOIO Ó COMERCIO "COMPRANDO EN NARÓN, TI GANAS"
Xa se coñecen os nomes dos gañadores dos cheques de 1.000€ e 500€ e os premiados no I Concurso de Ambientación Navideña.
Narón, 29 de Decembro de 2010.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, participou hoxe no sorteo dos cheques da campaña de apoio ó comercio de Narón “Comprando en Narón, ti ganas” que se está a celebrar nos establecementos comerciais asociados durante este Nadal, e que inclúe o sorteo de dous vales de compra por valor de 1.000 € e outros dous por 500 €. O rexedor naronés foi o encargado de extraer as papeletas gañadoras de entre as máis de 15.000 que foron recollidas nos 86 establecementos asociados á campaña. A relación de premiados é a seguinte: Premios vales de 1.000€ - Maite Lopez Blanco (Narón). - María Cristina Herva Blanco (Narón). Premios vales de 500€ - María Piñeiro Rivas (Ferrol). - Manuel Sanesteban Vez (A Coruña). Reservas vales de 1.000€ - Marian Rioboo García (Neda). - María Teresa Fernández Rodríguez (Narón). Reservas vales de 500€ - María José Maceiras (Narón). - Isabel Rodríguez (Narón). Hoxe tamén foron anunciados os gañadores do I Concurso de Ambientación Navideña, no que se trataba de premiar a decoración dos establecementos participantes. A votación realizouse a través da páxina de Eventi (empresa organizadora da campaña) en Facebook, onde os comerciantes enviaron as súas fotos para sometelas á votación pública. Nesta convocatoria participaron un total de 9 comercios de Narón, resultando premiados os seguintes: Premios comercios ambientación navideña - Primeiro premio (300€): Herbodietética Eva, A Gándara. (719 votos). - Segundo premio (200€): Textil Franja, A Gándara (630 votos). - Terceiro premio (100€): A Tenda de Sara, O Alto (239 votos). A entrega oficial de premios terá lugar o luns, día 3 de xaneiro de 2010, ás 12:00 horas na Sala de Prensa do Concello de Narón.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
naron.gal