Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PROGRAMACIÓN CULTURAL DO PADROADO DA CULTURA PARA OS VINDEIROS MESES
O Pazo da Cultura acollerá espectáculos teatrais, danza, ópera, circo e música.
Narón, 29 de Decembro de 2010.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e o Concelleiro de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo, compareceron hoxe en rolda de prensa acompañados polo director técnico do Padroado de Cultura, Luciano Fernández, para anunciar a programación cultural do primeiro semestre de 2011, que se representará no Pazo da Cultura de Narón. Trátase de espectáculos de grande calidade, como ven sendo habitual, que convertirán a Narón no epicentro da cultura galega no primeiro semestre do 2011. O orzamento destinado a esta programación ascende a 273.000 euros, que serán financiados entre AGADIC (33.000€), a Deputación de A Coruña (2.600€) e o Padroado de Cultura (237.000€). Trátase dunha inversión importante, pero que se ve reducida en 190.000€ respecto ó ano anterior. Aínda así, Narón mantén o nivel cultural do que fai gala dende hai anos, xa que “ainda que temos que apretarnos o cinto, a inversión en cultura é importante porque é unha inversión de futuro. Ademáis tamén nos sirve para animar á xente a practicar o teatro, a música e a danza, a través das escolas do Padroado de Cultura”, asegurou o Alcalde, José Manuel Blanco. A programación se desenvolverá dende o 14 de xaneiro ata o 4 de xuño, seguindo este calendario: DATA: Venres, 14 de xaneiro de 2011 COMPAÑÍA: UNAHORAMENOS OBRA: Encontro de Narradores LUGAR: Café Teatro do Pazo HORA: 20:30 XÉNERO: Contacontos DATA: Sábado, 15 de xaneiro de 2011 COMPAÑÍA: UNAHORAMENOS OBRA: Encontro de Narradores LUGAR: Pazo da Cultura HORA: 20:00 XÉNERO: Contacontos DATA: Venres 21 e Sábado 22 de xaneiro de 2011 COMPAÑÍA: PRODUCCIÓNS TEATRAIS EXCÉNTRICAS OBRA: Un cráneo furado LUGAR: Pazo da Cultura HORA: Venres 20:30 horas – Sábado 20:00 horas DURACIÓN: 1 hora e 35 minutos XÉNERO: Comedia PÚBLICO: Maiores de 14 anos DATA: Sábado, 29 de xaneiro de 2011 COMPAÑÍA: KATU BELTZ OBRA: Sísifo B LUGAR: Pazo da Cultura HORA: 20:00 PÚBLICO: Maiores de 14 anos DATA: Sábado, 5 de febreiro de 2011 COMPAÑÍA: CENTRO COREOGRÁFICO GALEGO OBRA: Etheria LUGAR: Pazo da Cultura HORA: 20:00 DURACIÓN: 1 hora e 10 minutos XÉNERO: Danza Contemporánea Rosa Cedrón artista invitada DATA: Sábado, 12 de febreiro de 2011 COMPAÑÍA: SARABELA TEATRO OBRA: O incerto señor Hamlet, príncipe de Dinamaraca LUGAR: Pazo da Cultura HORA: 20:00 DURACIÓN: 1 hora e 30 minutos XÉNERO: Teatro Contemporáneo PÚBLICO: Maiores de 14 anos DATA: Sábado, 19 de febreiro de 2011 COMPAÑÍA: K PRODUCCIONES OBRA: 19:30 LUGAR: Pazo da Cultura HORA: 20:00 PÚBLICO: Maiores de 14 anos DATA: Venres 25 e Sábado 26 de febreiro de 2011 COMPAÑÍA: CENTRO DRAMÁTICO GALEGO OBRA: Salomé LUGAR: Pazo da Cultura HORA Venres 20:30 horas – Sábado 20:00 horas DURACIÓN: 1 hora e 30 minutos PÚBLICO: Maiores de 14 anos DATA: Domingo, 27 de febreiro de 2011 COMPAÑÍA: WYOMING & LOS INSOLVENTES OBRA: Concerto LUGAR: Pazo da Cultura HORA: 19:00 DATA: Sábado, 12 de marzo de 2011 COMPAÑÍA: CIRC D¨HIVERN OBRA: Circus Klezmer LUGAR: Pazo da Cultura HORA: 20:00 DURACIÓN: 1 hora e 15 minutos XÉNERO: Novo circo PÚBLICO: Maiores de 14 anos DATA: Sábado, 19 de marzo de 2011 COMPAÑÍA: CONCERLÍRICA OBRA: La Traviata LUGAR: Pazo da Cultura HORA: 20:00 DURACIÓN: 2 horas XÉNERO: Ópera PÚBLICO: Tódolos públicos DATA: Sábado, 26 de marzo de 2011 COMPAÑÍA: TANTTAKA TEATROA OBRA: La mujer justa LUGAR: Pazo da Cultura HORA: 20:00 DURACIÓN: 2 horas PÚBLICO: Maiores de 14 anos DATA: Venres 1 e Sábado 2 de abril de 2011 COMPAÑÍA: ABADA TEATRO OBRA: Ordem e progresso LUGAR: Pazo da Cultura HORA: 20:00 DURACIÓN: 1 hora e 30 minutos XÉNERO: Teatro musical PÚBLICO: Maiores de 14 anos DATA: Venres, 8 de abril de 2011 COMPAÑÍA: CONCERLÍRICA OBRA: Aída LUGAR: Pazo da Cultura HORA: 20:30 DURACIÓN: 2 horas XÉNERO: Ópera PÚBLICO: Tódolos públicos DATA: Sábado, 9 de abril de 2011 COMPAÑÍA: OBRAS PÚBLICAS OBRA: Life is a paripé LUGAR: Pazo da Cultura HORA: 20:00 DURACIÓN: 1 hora e 15 minutos XÉNERO: Comedia PÚBLICO: Maiores de 14 anos DATA: Sábado, 30 de abril de 2011 COMPAÑÍA: TEATRO DE ADRO OBRA: Ai, Carmela! LUGAR: Pazo da Cultura HORA: 20:00 DURACIÓN: 1 hora e 20 minutos XÉNERO: Comedia PÚBLICO: Maiores de 14 anos DATA: Sábado, 14 de maio de 2011 COMPAÑÍA: LUZ CASAL OBRA: Concerto “La Pasión” LUGAR: Pazo da Cultura HORA: 20:00 DATA: Sábado, 21 de maio de 2011 COMPAÑÍA: BERROBAMBÁN OBRA: Pressing Catch LUGAR: Pazo da Cultura HORA: 20:00 DURACIÓN: 1 hora e 15 minutos XÉNERO: Teatro Contemporáneo PÚBLICO: Maiores de 14 anos DATA: Sábado, 28 de maio de 2011 COMPAÑÍA: EME 2 OBRA: O conto do zoo LUGAR: Pazo da Cultura HORA: 20:00 DURACIÓN: 1 hora e 20 minutos XÉNERO: Drama PÚBLICO: Maiores de 14 anos DATA: Sábado, 4 de xuño de 2011 COMPAÑÍA: ANIMALARIO OBRA: Penumbra LUGAR: Pazo da Cultura HORA: 20:00 PÚBLICO: Maiores de 14 anos

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
naron.gal