Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
APROBADOS OS ORZAMENTOS MUNICIPAIS DO CONCELLO DE NARON PARA O ANO 2011
A Corporación Municipal aprobou as contas no Pleno celebrado o 30 de decembro de 2010.
Narón, 30 de Decembro de 2010.- A Corporación Municipal de Narón celebrou hoxe o Pleno Ordinario do mes de decembro, no que se aprobou o Orzamento Xeral do Concello de Narón para o ano 2011, que ascende á cantidade de 27.287.131 €. O acordo foi adoptado cos votos a favor do goberno municipal (TEGA), a abstención do PSOE, e os votos en contra de PP e BNG. O Concelleiro de Xestión Orzamentaria, Guillermo Sánchez Fojo, definiu o documento contable coma “xusto e austero, propio do momento económico no que estamos inmersos en todo o país. Eso sí, aumentan as partidas derivadas a acción social e ensino nunha elevada porcentaxe”. Pola contra, baixan os gastos xerais nun 7%, na mesma cantidade os gastos en xardinería e alumeado, e a partida de Festas redúcese nun 37% . Sobre as previsións pesimistas realizadas polos grupos da oposición, o Alcalde de Narón rexeitou por completo este escenario económico que pintaban os grupos do PP e BNG principalmente. José Manuel Blanco explicou que Narón fixo os deberes no seu momento, aprobando anos atrás un Plan de Estabilidade Financieira que permitíu controlar o gasto e que, a día de hoxe, coloca a este concello nunha situación de equilibrio financieiro. O rexedor lembrou que tan só sete concellos da provincia dispoñen dun plan destas características, e asegurou que Narón ten un nivel de endebedamento público baixo, xa que está fixado nun 52% cando a Lei permite chegar ata o 115%. Pero ademáis, José Manuel Blanco instou ós partidos con representación autonómica e nacional “a pelexar para que se elabore e aprobe unha Lei de Financiamento Local, porque esto permitiría que ninguén cuestionase nin estivese en desacordo coas cantidades que se recollen nas diferentes partidas dos orzamentos públicos”. Respecto ó debate aberto cos diferentes grupos políticos logo de entregarlles o Borrador dos Orzamentos Municipal de Narón para o 2011, o Alcalde explicou que tan só foron recollidas as propostas do grupo municipal do PSOE “porque foi o único partido que presentou estas alternativas e suxestións por escrito”. Os Orzamentos Xerais do Concello de Narón divídense nos seguintes capítulos: 1.-) ORZAMENTO DE INGRESOS CAPÍTULO INGRESOS 1 IMPOSTOS DIRECTOS 10.289.476,00 € 2 IMPOSTOS INDIRECTOS 400.000,00 € 3 TAXAS E OUTROS INGRESOS 4.650.645,52 € 4 TRANSFERENCIAS CORRIENTES 8.637.554,00 € 5 INGRESOS PATRIMONIAIS 192.100,00 € 6 ALLEAMENTO INVERSIÓNS REAIS 152.000,00 € 7 TRANSFERENCIAS DE CAPITAL 1.325.355,48 € 8 ACTIVOS FINANCEIROS 90.000,00 € 9 PASIVOS FINANCEIROS 1.550.000,00 € TOTAL 27.287.131,00 € 2) ORZAMENTO DE GASTOS.- CAPÍTULO GASTOS 1 GASTOS DE PERSOAL 7.528.786,00 € 2 GASTOS CORRENTES BENS E SERVIZOS 13.313.004,00 € 3 GASTOS FINANCEIROS 608.000,00 € 4 TRANSFERENCIAS CORRENTES 1.612.236,00 € 6 INVERSIÓNS REAIS 2.693.605,00 € 8 ACTIVOS FINANCEIROS 71.500,00 € 9 PASIVOS FINANCEIROS 1.460.000,00 € TOTAL 27.287.131,00 € Outro dos asuntos aprobados hoxe foi a revisión de prezos para os anos 2010-2011 da Escola Infantil Municipal (EIM) de A Gándara, aprobada cos votos a favor do goberno municipal (TEGA), PP e PSOE e a abstención do BNG. O Concello realizará unha achega anual de 117.895,27€ para os anos 2010-2011, logo de aplicarle o IPC correspondente ó ano 2010, o que supón un incremento de 2.650,63€ respecto á aportación do curso 2009-2010. Ademáis, a Corporación Municipal de Narón aprobou por unanimidade o convenio entre o Concello de Narón e a Consellería de Educación da Xunta de Galicia para o servizo de comedor escolar nos centros escolares de A Solaina, A Gándara, Virxe do Mar e CPI O Feal, que ata agora viñan sendo xestionados pola FEAMPAS (Federación das Asociacións de Nais e Pais de alumnos/as). A raíz deste convenio, o Concello comprométese durante o curso 2010-2011 á prestación deste servizo nos catro centros públicos citados anteriormente, para o cal a Xunta de Galicia colaborará económicamente mediante unha achega de 30.000€, dividida en dous anos.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal