Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ENTREGA DE PREMIOS DA CAMPAÑA "COMPRANDO EN NARÓN, TI GANAS"
O Alcalde repartíu os cheques regalo por valor total de 3.000 euros e os premios do I Concurso de Ambientación Navideña.
Narón, 3 de Xaneiro de 2011.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, entregou hoxe os cheques regalo da campaña municipal “Comprando en Narón, ti ganas” e os premios do concurso de ambientación navideña, convocado para os que os comerciantes participasen a través da decoración dos seus escaparates e do interior dos seus negocios. Antes de facer entrega dos cheques (dous de 1.000€ e outros dous de 500€), o rexedor fecilitou publicamente ós comerciantes polo éxito de participación nesta campaña municipal. “Dende o Concello quixemos axudar a que as ventas propias do nadal se quedaran aquí, en Narón, e non foran a outros concellos da bisbarra ou da provincia. E polo resultado acadado, parece que logramos que así fora e que incluso se incrementaran as ventas”, declarou José Manuel Blanco. O Alcalde explicou que nos 83 establecementos participantes repartíronse papeletas para o sorteo dos cheques para canxear nos establecementos asociados, chegando a recaudar un total de 22.000 boletos, o que da unha idea da boa aceptación desta campaña de apoio ó comercio local. A continuación detállase a relación de persoas premiadas cos cheques de compra de 1.000€ e 500€. Premios vales de 1.000€ - Maite Lopez Blanco (Narón). - María Cristina Herva Blanco (Narón). Premios vales de 500€ - María Piñeiro Rivas (Ferrol). - Manuel Sanesteban Vez (A Coruña). Relación de premiados no I Concurso de Ambientación Navideña: - Primeiro premio (300€): Herbodietética Eva, A Gándara. (719 votos). - Segundo premio (200€): Textil Franja, A Gándara (630 votos). - Terceiro premio (100€): A Tenda de Sara, O Alto (239 votos).

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal