ABERTO O PRAZO DE INSCRIPCIÓN PARA MATRICULARSE NOS CURSOS "CELGA" DE LINGUA GALEGA
De carácter gratuito, se impartirán no Centro Municipal de Formación de A Gándara.
Narón, 19 de xaneiro de 2011.- O Concello de Narón acaba de abrir o prazo de inscrición para realizar os cursos de lingua galega preparatorios para a obtención dos títulos Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4, expedidos pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.
O único requisito para poder matricularse nestes cursos, de carácter gratuíto, é ser maior de 16 anos de idade.
As persoas interesadas deberán cubrir o impreso de matrícula no rexistro xeral municipal en horario de 8:30 a 13:30 horas –de luns a venres-. Deberán achegar, ademais, unha fotocopia do DNI. O prazo para matricularse finaliza o día 21 de febreiro de 2011.
Os cursos formativos terán unha duración de 75 horas e impartiranse no centro municipal de formación “Irmáns Froilaz” (A Gándara). Comezarán unha vez sexan aprobadas as solicitudes pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia, órgano que promove esta convocatoria.
O concello prevé que dean comezo no mes de abril, e rematen en xuño, cando se realizarán os correspondentes exames de cara á obtención do título.