O AUDITORIO DA PRAZA DE GALICIA ACOLLE O DOMINGO DIA 20 A OBRA "OH, QUE BONITO É PANAMÁ" DIRIXIDA Ó PÚBLICO INFANTIL
A compañía Panamesiana produce esta función, que comenzará ás 18:00 horas.
Narón, 14 de febreiro de 2011.- O Auditorio Municipal da Praza de Galicia acollerá o domingo 20 de febreiro a obra de teatro infantil "Oh, que bonito é Panamá" producida pola compañía Panamesiana.
Trátase dun xogo de teatro, monicreques, música e clown coa inocencia, a amizade, o respecto á natureza e a felicidade das pequenas cousas como protagonistas absolutos.
A función comenzará ás 18:00 horas, e o prezo das entradas é de 4 euros para nen@s ata 12 anos, e 6 euros para o resto do público.
Esta obra forma parte da Programación de Teatro Infantil e Familiar do Padroado de Cultura do Concello de Narón, deseñada para o primeiro cuatrimestre do ano 2011.