Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNHA PASARELA PEATONAL CONECTARÁ O BARRIO DE XUVIA COA PARROQUIA DE SAN XIAO
Os traballos estarán rematados a finais do mes de marzo.
Narón, 26 de Febreiro de 2011.- O Concello de Narón abrirá ó público a pasarela peatonal Xuvia-San Xiao a finais do mes de marzo, tal e como explicou o Concelleiro de Obras, Angel Perfecto Castro. Os traballos de construcción desta infraestructura avanzan a bo ritmo e están a ser financiados con cargo ó Plan E, cun orzamento de 216.208,75€. A empresa naronesa Artabro Samdeu construíu no seu propio taller a pasarela que agora está a colocar no lugar establecido, mediante a construcción das zapatas que a sustentan. Concebida unicamente para o tránsito peatonal, está adaptada a minusválidos polo que as persoas en cadeira de rodas tamén a poderán empregar. O trazado contempla unha lonxitude total de 147 metros, cun ancho de calzada de 2 metros, e rampas de lonxitude máxima de 10 metros. A pendente das mesmas sitúase entre o 6% e o 8%, cumprindo así a Lei de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas de Galicia. Ademáis, inclúe un pasamanos de aceiro e levará unha protección lateral extra de 90 centímetros de largo que actuará como quitamedos. O obxectivo desta obra é conseguir unha articulación máis fluída do tráfico peatonal entre ambos lados da vía do ferrocarril, conectando así o barrio de Xuvia coa parroquia de San Xiao. O Concello tamén ten previsto realizar unha pequena obra no inicio da pasarela, en Xuvia, de xeito que os peatóns poidan acceder a ela sen ter que entrar no recinto de FEVE.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal