Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PLENO APROBA O PLAN ESPECIAL PARA CONSTRUIR O CENTRO DE SAÚDE EN FREIXEIRO
Tamén deuse luz verde ó proxecto de expropiación de bens e dereitos mediante o sistema de tasación conxunta.
Narón, 28 de Febreiro de 2011.- A Corporación Municipal de Narón celebrou o pasado 24 de febreiro, o Pleno Ordinario no que se deu luz verde ó Plan Especial de Dotacións en Freixeiro. Con esta aprobación definitiva do documento, preténdese establecer as determinacións precisas que permitan construír un novo edificio dotacional destinado a un centro de saúde de titularidade pública. Para levar a cabo a construcción desta infraestructura, o Plan Especial contempla a reordenación desta zona en tres áreas diferenciadas: área edificable e de aparcadoiro, área axardinada, e área para viario. A Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia emitiu este mes de febreiro un informe favorable ó plan especial de dotacións de Frexeiro. Na Sesión Plenaria do Concello, o documento foi aprobado cos votos a favor do goberno municipal (TEGA), o PP e o PSOE, e a abstención do BNG. Ademáis do plan especial, o Concello aprobou o Proxecto de expropiación de bens e dereitos necesarios para levar a cabo a execución do mesmo. A expropiación se realizará mediante sistema de tasación conxunta de tódolos bens e dereitos que contén a delimitación do ámbito territorial do plan, coa relación de titulares, bens e dereitos afectados –que suman 18 propiedades diferenciadas- e as follas de prezo xusto individualizado. O importe total ascende a 558.400€. A relación de bens e dereitos que se expropiarán estará a exposición pública polo prazo dun mes, e ademáis se notificará individualmente ós propietarios afectados. Este punto foi aprobado cos votos a favor de TEGA, e a abstención de PP, PSOE e BNG.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal