Corresponden ó Curso Básico de Hostalería, Curso de Medio Ambiente no Sector Naval, e Curso de Hixiene Alimentaria para Manipuladores de Alimentos.
Narón, 17 de Marzo de 2011.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e o Concelleiro de Formación Laboral e Emprego, José Luís Suárez, entregaron hoxe os 38 diplomas correspondentes a tres cursos de formación do programa municipal ‘Camiño de Emprego’.
Trátase dos títulos do Curso Básico de Hostalería (11 alumnos), Curso de Medio Ambiente no Sector Naval (17 alumnos) e Curso de Hixiene Alimentaria para Manipuladores de Alimentos (10 alumnos). Os dous primeros foron realizados en colaboración coa Obra Social de Caixa Galicia, e o terceiro coa entidade de formación Gatfor.
Programa impartido nos cursos:
-Curso Básico de Hostalería: O Restaurante como establecemento e departamento; os establecementos ao servizo das colectividades; maquinaria, equipos, útiles e manaxe propios da área de Restaurante; limpeza de instalación e equipos; hixiene alimentaria e manipulación de alimentos; o preservizo na área de consumo de alimentos e bebidas; o servizo de alimentos e bebidas; atención ao cliente; o post servizo; prevención de riscos laborais; seguridade nas zonas de produción e servizo de alimentos e bebidas; uniformidade e equipamento persoal de seguridade.
-Curso de Medio Ambiente no Sector Naval: Introdución ao medioambiente na empresa; identificación de aspectos ambientais; requisitos legais básicos que afectan á nosa actividade: almacenamento de sustancias, segregación de residuos, e actuacións ante derrames incidentais.
-Curso de Hixiene Alimentaria para Manipuladores de Alimentos: sistemas de autocontrol baseados nos principios do A.PP.CC., perigros nos alimentos; principais enfermidades vehiculadas polos alimentos; factores que contribúen á aparición de enfermidades e a súa prevención; prácticas correctas de hixiene; locais e instalacións; e lexislación alimentaria.
Antes de entregar os diplomas acreditativos, o rexedor insistíu na necesidade de continuar ampliando a formación laboral das persoas desempregadas, “xa que cada vez a sociedade, e o mercado laboral son máis especializados e complexos, e nese contexto resulta fundamental que a xente esté preparada profesionalmente para atopar un emprego”, indicou José Manuel Blanco.
“Agardamos que o programa municipal de formación ‘Camiño de emprego’ vos sirva para acceder a un posto de traballo, ou se non é posible, alomenos para completar ou ampliar a vosa formación profesional”, concluíu o Alcalde.