Une as rúas Virxe de Covadonga e Mestre Mateo, cunha limitación de velocidade de 30 km/hora.
Narón, 18 de Marzo de 2011.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, representantes políticos municipais, e representantes das asociacións de veciños de A Gándara e A Solaina, procederon á retirada, na mañá de hoxe, das vallas que pechaban a nova ponte subterránea que comunica a rúa Virxe de Covadonga coa rúa Mestre Mateo.
Con este xesto, formalizouse á apertura ó tráfico deste novo vial, que ten limitación de velocidade a 30 kilómetros por hora, e que servirá para conexionar dous barrios populosos de Narón, e liberar de tráfico a zona das vivendas da Mariña, e a rúa Sisargas, en Santa Icia.
Esta intervención foi cofinanciada con fondos FEDER da Unión Europea, e contou cun orzamento de 555.968€ (o 70% procedeu do FEDER, e o 30% restante do Concello), e foi realizada nun prazo de 10 meses pola UTE Martiñán-Atlántica.
A infraestructura dispón de beirarrúas de 2 metros de ancho, pavimentadas con loseta e dotadas de barandilla. A lonxitude total do paso subterráneo de FEVE é de 97 metros, e inclúe iluminación en todo o traxecto. A obra complementouse co fundido dunha praca de hormigón a ambos lados da ponte da vía de FEVE, de cara ó seu desdobre no futuro.
Sobre a apertura da ponte subterránea de FEVE, o Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, indicou que “o novo vial vai representar a idea que tíñamos de unir urbanísticamente os barrios de A Gándara e A Solaina, ofrecendo a este último un enlace directo á estrada de Castela”.
O Concello de Narón continúa así “unindo barrios, e acompañándoos de zonas verdes, ó tempo que dignificamos estos lugares. E nese camino imos a continuar, para crear un gran núcleo entre os barrios de A Gándara, A Solaina, O Alto e Freixeiro”, apostillou José Manuel Blanco.