Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PRESENTACIÓN DA CAMELIA JAPÓNICA 'CIDADE DE NARÓN'
Trátase da primeira pranta destas características, que no prazo de dous anos formará parte do Parque de Camelias, acondicionado no paseo fluvial do rio Freixeiro.
Narón, 11 de Abril de 2011.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, o presidente da Asociación Galega da Camelia, Tomás Casal, e o enxeñeiro agrónomo Eusebio López presentaron hoxe en rolda de prensa a primeira flor de camelia Cidade de Narón. Trátase polo momento do único exemplar desta variedade de camelia japónica, obtida por Eusebio López a partires dunha semente da camelia Bob Hope, que floreceu por vez primeira no ano 2007 e que foi propagada por inxerto. A variedade de camelia “Cidade de Narón” floreceu fai tan só uns días, despois dun longo proceso de creación iniciado no ano 2002 e que culminou coa creación dunha pranta compacta, de 9 anos de vida e 80 centímetros de altura. A cor da súa flor cambia en función da temperatura, sendo carmín na maceta pero poidendo pasar a burdeos cando estea prantada na terra. O seu creador, Eusebio López, ten rexistrada internacionalmente esta variedade de camelia, da que a Sociedade Española da Camelia pediulle unhas sementes para asegurar a permanencia da especie. Nestos momentos tan só existe este exemplar da pranta pero no prazo de dous anos agárdase ter prantado outro no parque fluvial do Río Freixeiro (onde téñese acondicionado un Parque de Camelias) así como en diferentes parroquias de Narón, e outros concellos da bisbarra. O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, agradeceulle ó seu mentor o feito de ter creada unha camelia co nome deste municipio. “Seguimos exportando o nome de Narón, primero o fixemos coa cultura e o deporte, e agora continuamos con esta variedade de camelia”, declarou o rexedor naronés. “Somos un concello que se fundou tarde, pero que en pouco tempo se igualou ó resto en servizos. E a esta pranta de camelia pásalle o mesmo, que ten unha floración tardía pero espléndida”, declarou o Alcalde. Características morfolóxicas da Camellia Japónica “Cidade de Narón”: FLOR Tamaño mediano, de 8 a 10 centímetros de diámetro. Cor vermella. Forma dobre. Pétalos numerosos (de 30 a 40), arredondados e co borde inciso no centro, lixeiramente marcados de carmín. Os internos, elípticos coa marxe irregular, un pouco ondulada e ocasionalmente raiados de branco. Non presenta petaloides nen estames. Botóns pequenos e esféricos, en grupos de 4 a 6. FOLLA Tamaño de 7.5 a 8.5 cm de longo por 4.5 a 5.0 cm de ancho. Cor verde escuro. Forma elíptica. Marxe dentada. Ápice apuntado. PRANTA Pranta de crecemento lento a medio, de forma aberta. FLORACION Tardía, de floración moi longa e moi florífera. Entre finais de marzo e principios de maio.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal