Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
13ª FESTA GASTRONÓMICA DO PEMENTO DO COUTO
Se celebra o domingo dia 17 nesta parroquia. O prezo do cuberto é de 12 euros.
Narón, 15 de Xullo de 2011.- A explanada situada frente ó local social de O Couto acollerá o domingo dia 17 de xullo a 13ª edición da Festa Gastronómica do Pemento do Couto. Este evento foi presentado hoxe en rolda de prensa pola Concelleira de Festas, Mª del Mar Gómez, o presidente da Cooperativa do Val, José Castro Leirachá, e o presidente da AVV de O Couto, Anselmo Beceiro, en representación das entidades organizadoras. O programa da Festa do Pemento do Couto arrancará ás 10:00 horas cun mercadiño e unha mostra de productos do campo. Entorno ás 12:00 horas está prevista unha visita guiada ó Mosteiro do Couto. Xa ás 13:00 horas fará lectura do pregón a actriz Mercedes Castro (actualmente en Padre Casares, TVG). A continuación, ás 13:30 horas farase entrega do Pemento de Honra, unha insignia que distingue a tres persoas de Narón (unha a elixe o Concello, outra a Cooperativa, e outra a AVV). Este ano, o Pemento de Honra entregaráselle ó dramaturgo naronés Jose LUis Prieto (por parte do Concello), ó concelleiro do BNG Pablo Villamar (por parte da Cooperativa de O Val) e ó investigador local Tomás Casal (por parte da AVV de O Couto) O xantar está previsto para as 14:00 horas, e serviranse aproximadamente 500 racións. O prezo do cuberto é de 12 euros, e inclúe churrasco con pementos do Couto –servido en prato de cerámica de Buño-, pan, auga, viño e café ó tizón. Ás 16:30 horas levarase a cabo un concurso para elexir a cesta de pementos mellor presentada, e ás 18:00 horas iniciarase o baile que estará amenizado por un dúo musical. A Concelleira de Festas e Ocio, Mª del Mar Gómez, animou a tódolos veciños de Narón a participar e disfrutar desta festa gastronómica, e destacou que dende o Concello de Narón en colaboración coa Cooperativa de O Val lévanse varios anos traballando na promoción exterior deste producto, que conta xa coa Indicación Xeográfica Protexida (IXP), un distintivo que lle aporta un valor engadido.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal