Consulte aquí a relación de cursos ofertados.
Narón, 10 de Outubro de 2011.- A Concellería de Formación Laboral e Emprego, dirixida pola edil Mª del Mar Gómez, ven de convocar a segunda edición do programa municipal de formación “Camiño Integrado de Emprego”. Trátase dun obradoiro destinado a desempregados empadroados en Narón, de entre 18 e 60 anos de idade.
Os interesados poden presentar a solicitude no Rexistro Xeral do Concello ata o dia 14 de outubro, en horario de 8:30 a 13:30 horas. Ademáis, deberán aportar unha fotocopia do DNI, a tarxeta de demandante de Emprego, e o currículum académico e de experiencia laboral.
Tódolos interesados/as que presenten a solicitude deberán asistir á entrevista e/ou proba de selección que se realizará posteriormente no Centro Municipal de Formación “Irmans Froilaz” (A Gándara).
Nesta segunda edición de “Camiño Integrado de Emprego”, o Concello oferta as seguintes accións formativas:
-Fontanería: montaxe, instalación e reparación de interiores de auga fría e quente (12 prazas).
-Iniciación á carpintería de madeira para traballos de reparación (12 prazas).
-Limpeza de edificios e instalacións industriais (12 prazas).
-Prevención de riscos laborais no sector da construcción (14 prazas).
-Prevención de riscos laborais no sector naval (25 prazas).
-Curso de medioambiente no sector naval (14 prazas).
-Hixiene alimentaria para manipuladores de alimentos (25 prazas).
-Igualdade de oportunidades entre o home e a muller (14 prazas).
-Mellora de habilidades dixitais na percura de emprego (30 prazas).