Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ULTIMA AS OBRAS PARA LEVAR A REDE INTERNET A TODO O RURAL DE NARÓN
En colaboración coa empresa concesionaria dos traballos, que tamén ofrece a conexión a Internet nos fogares da zona rural.
Narón, 3 de Febreiro de 2012.- O Concello de Narón, en colaboración coa empresa concesionaria do servizo de Internet na zona rural (Inalambrica.es) está a ultimar a ampliación da rede de telecomunicacións para mellorar a recepción en zonas de especial dificultade e chegar así á totalidade de núcleos do rural. Para levar a cabo a expansión da rede de Internet, o Concello acometeu xa varias actuacións consistentes na instalación de dúas torres de telecomunicacións nas parroquias de Sedes e Doso, e antenas wifi na Casa Consistorial e nos locais sociais municipais. Esta actuación contou cun orzamento de 97.000€, e permitíu chegar a máis dun centenar de domicilios do rural. A empresa concesionaria do servizo, Inalambrica.es (981 10 24 30) ten xa máis dun centenar de clientes abonados, ademáis de outros 50 que xa solicitaron a alta no servizo e cuxas peticións estanse a atender actualmente. A cobertura de Internet no rural require, non só do funcionamento da infraestructura de telecomunicacións desplegada polo Concello, senón tamén da instalación dunha antena exterior na parte superior de cada vivenda, cuxa colocación depende das condicións climatolóxicas de cada momento. O número de fogares con cobertura de Internet no rural chegará o 100% coa instalación de novas antenas nas zonas de San Mateo e no Monte dos Nenos (Sedes), cuxa instalación estase a ultimar co fin de mellorar a recepción da sinal nestas zonas de dificultade. O Concello ofrecerá así un servizo que as empresas de telefonía móvil non estaban dispostas a prestar dada a elevada inversión que requería. Na actualidade, a satisfacción por parte dos usuarios é elevada con relación á velocidade e calidade do servizo. Moitos dos clientes conectados actualmente non dispoñían de conexión a Internet, debido a que o ADSL non chegaba ó rural ou a que o servizo USB das compañías móviles non ofrecía unha boa recepción da sinal ou a súa velocidade estaba limitada.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal