Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
I EXPOSICIÓN NACIONAL CANINA 'CIDADE DE NARON' NO RECINTO FEIRAL DO TRECE
Celébrase os días 3 e 4 de marzo, e é puntuable para o Campionato Galego de Cans de Raza.
Narón, 6 de Febreiro de 2012.- O Recinto Feiral do Trece acollerá os días 3 e 4 de marzo a I Exposición Nacional Canina ‘Cidade de Narón’ organizada pola Sociedade Cinolóxica Galega (Expogal) en colaboración coas Concellerías de Feiras e Mercados e Medio Ambiente do Concello de Narón. Esta exposición é puntuable para o Campeonato Galego de Cans de Raza. O programa da Exposición comenzará o sábado día 3 a partires das 17:00 horas, con exhibicións do grupo de traballo A Baiuca (Ferrol) que realizarán probas de agility con cans de auga español, e da agrupación de Cans de Salvamento de Galicia (Casaga), con cans de rescate. A xornada do sábado rematará co I Concurso de Mascotas para Cans sen pedigree, no que se premiarán ós mellores exemplares en catro categorías: pitufín (o can máis pequeno), king kong (o can máis grande), miss e mister (os máis fermosos). A inscrición para participar neste concurso terá un prezo simbólico de 3 euros, e se realizará antes de comenzar o mesmo. O domingo día 4 a partires das 11:00 horas terá lugar a Exposición Nacional Canina, na que se otorgará un Punto do Campeonato Galego de Cans de Raza (para acadar o título de campión galego, é preciso gañar 4 puntos en diferentes exposicións caninas). Na xornada de mañá celebrarase a exposición, e pola tarde a partires das 16:30 horas se disputarán as finais. As inscricións poden realizarse na páxina web www.expogal.es ou ben no teléfono 637 521 932. Tamén está permitido inscribirse o domingo antes do inicio da exposición. Ademáis, durante toda a Exposición, tanto o sábado coma o domingo realizaranse recoñecementos de raza para cans sen pedigree.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal