Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO OFRECE FORMACIÓN E ORIENTACIÓN LABORAL ÓS DESEMPREGADOS
Consulte aquí os servizos municipais adicados á búsqueda de emprego.
Narón, 13 de Febreiro de 2012.- A Concellería de Formación Laboral e Emprego de Narón, dirixida pola edil Mª del Mar Gómez, está a aumentar os recursos municipais de cara á mellora da empregabilidade e inserción laboral das persoas desempregadas de Narón. Así, o Concello dispón de oito persoas adicadas á búsqueda de emprego: -Unha orientadora laboral, encargada de informar, asesorar e orientar a persoas desempregadas para mellorar as súas capacidades e destrezas, e asesoralas nos itinerarios formativos e informarlos sobre empregas e contratos. Para poder ser atendidos pola orientadora laboral, é preciso pedir cita previa no teléfono 012 ou no Concello. -Unha técnica de emprego, encargada de informar, asesorar e acompañar ás persoas que queiran iniciar un negocio e crear o seu propio posto de traballo. Axudará a evalorar posibilidades, custos, localización e tramitación das axudas económicas. -Dous técnicos de apoio e un coordinador de formación encargados de informar, asesorar e coordinar na formación laboral e profesional. -Tres orientadores de emprego para as mesmas tarefas sobreditas, pero adicados a atender a 100 desempregados no Plan Integrado de Emprego “Collefolgos” que logo de 2 meses de funcionamento xa conseguiron 13 contratos. Ademáis, o Concello dispón de recursos materiais e de equipamento, coma o Centro de Formación Municipal “Irmáns Froilaz” (A Gándara), que dispón de 2.500 m2 cubertos construídos, e que na actualidade atópase no proceso de homologación de novas especialidades e ocupacións para realizar e adaptar a oferta ós novos retos da sociedade e do mercado laboral. Balance do ano 2011 Con todos estos recursos humanos e materiais, no ano 2011 ofrecéronse os seguintes servizos: Orientación laboral: -Persoas atendidas para orientación laboral: 439. -Persoas atendidas en itinerarios profesionais individualizados: 7. -Persoas atendidas no Prodis (Programa de Inserción): 36. Proxectos atendidos para a creación de microempresas: -Proxectos asesorados para iniciar negocios autónomos ou microempresas: 38. -Microempresas constituídas: 22. -Microempresas que continúan en fase de estudio e viabilidade: 16. Resultados de formación laboral: -Número de accións formativas realizadas: 33. -Número total de alumnos participantes nestas accións: 443. Resultados de contratación: -Número de contratos asinados por desempregados/as participantes nas accións formativas para o emprego: 62. -Porcentaxe de inserción laboral en alumnos formados: 36%. -Número de contratos/postos de traballo creados polo programa de microempresas: 22. -Porcentaxe de inserción laboral en programa de microempresas: 58%.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal