Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A CORPORACIÓN MUNICIPAL ACORDA INICIAR A TRANSFERENCIA DAS ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS Á XUNTA
O acordo foi adoptado por unanimidade, cos votos de tódolos grupos políticos municipais.
Narón, 23 de Febreiro de 2012.- A Corporación Municipal de Narón celebrou hoxe o Pleno Ordinario do mes de febreiro, no que se aprobou por unanimidade o inicio do procedemento de transferencia da xestión das Escolas Infantís Municipais á Xunta de Galicia, para que o organismo autonómico saque a concurso a súa xestión de cara ó vindeiro curso escolar 2012-2013. Este acordo foi adoptado por tódolos grupos políticos con representación municipal, e será comunicado formalmente ó Consorcio Galego de Igualdade e Benestar para os efectos oportunos. A decisión de transferir a titularidade das catro Escolas Infantís Municipais (A Solaina, Piñeiros, A Gándara e Xuvia –esta última en construcción-) responde á progresiva redución das aportacións da Xunta de Galicia para o sostemento da xestión e do funcionamento destos centros. Nos primeiros anos da súa entrada en servizo, a financiación facíase de xeito compartido entre a administración titular, o propio concello naronés e as achegas dos pais e das nais do alumnado, ao amparo da normativa autonómica en vigor. Pero nos últimos exercicios económicos, as achegas de diñeiro da Xunta de Galicia experimentaron unha notable mingua, mentres que as achegas municipais sufriron un constante incremento para paliar ese déficit. Tendo en conta a situación de crise actual que está a minar a capacidade financieira dos concellos, a indudable competencia exclusiva da comunidade autónoma galega en materia educativa, e a intención da Xunta de crear 10.000 prazas de escolas infantís nesta lexislatura, o Concello de Narón acordou iniciar o procedemento para transferir estos centros, ó estar Narón integrado no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar dende o ano 2006. O Alcalde de Narón aplaudiu a unanimidade coa que se aprobou esta proposta hoxe no Pleno, destacando que “non é momento de partidismos senón de estar unidos ante unha situación coma esta. Tan só pedímoslle á Xunta de igualdade de trato que ten con outros concellos de Galicia”, sinalou José Manuel Blanco. Ademáis, como estaba previsto, óPleno de hoxe asistiron como público un grupo de usuarios da Asociación de Xordos de Ferrol, que acudiron xunto con dúas intérpretes de linguaxe de signos que lles foron traducindo todos os temas debatidos.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal