Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
NARÓN REXISTRA 372 SOLICITUDES DE PRAZA PARA AS ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS DE CARA Ó CURSO 2012-2013
A demanda supera claramente á oferta, o que constata a importancia deste servizo.
Narón, 10 de Abril de 2012.- O Concello de Narón ten rexistradas un total de 372 solicitudes de prazas para as Escolas Infantís Municipais de A Solaina, Piñeiros e A Gándara de cara ó vindeiro curso escolar 2012-2013, a pesares de non ter garantida a súa apertura debido á falta de compromiso económico por parte da Xunta de Galicia con estos centros públicos. As solicitudes foron realizadas durante o mes de marzo, no que estivo aberto o prazo oficial, e divídense do seguinte xeito: Novas solicitudes: Non nacidos: 20 nenos/as De 0 a 1 ano: 28 nenos/as De 1 a 2 anos: 125 nenos/as De 2 a 3 anos: 68 nenos/as Reservas de nenos/as que xa están nas EIM: A Gándara: 43 nenos/as A Solaina: 43 nenos/as Piñeiros: 45 nenos/as En total, contabilízanse 241 novas solicitudes e 131 reservas de prazas de nenos/as xa escolarizados, o que suma 372 pre-matrículas. Cabe lembrar que o número de prazas é variable, xa que en cada unha das escolas existen 82 prazas en xornada completa, que se poden desdobrar nos casos nos que os usuarios elixan media xornada, dando como resultado unha media de 91 prazas por escola. Aínda así, a demanda de prazas supera con creces á oferta, xa que contando coas catro EIM (incluída a de Xuvia, aínda sen abrir) habería aproximadamente 360 prazas dispoñibles, o que supón que quedarían nenos/as en lista de espera. Sobre estas cifras, a Concelleira de Educación de Narón, Maria del Carmen Espada, indicou que a necesidade deste servizo educativo queda constatada por dous motivos. “Por unha parte, a educación de 0 a 3 anos é moi importante para o desenvolvemento dos nenos e nenas a tódolos niveis. Pero ademáis, é un servizo fundamental para conciliar a vida laboral e familiar, e máis aínda en época de crise porque as familias o necesitan para poder traballar para soster a economía doméstica” sinalou a edila. Sobre o mantemento das Escolas Infantís Municipais, a responsable de Educación de Narón engadíu que as mesmas “non son un artículo de luxo, senón un ben de primeira necesidade”. Maria del Carmen Espada engadíu que os recortes na educación dos nenos e nenas “van en detrimento dos homes e mulleres do mañá” e lembrou que as aportacións do Concello e dos pais e nais para o mantemento destas EIM “están xa garantidas, porque tanto o goberno municipal coma os usuarios están comprometidos co futuro destos centros”, pendentes de compromiso de financiación da Xunta de Galicia para sacar a concurso a súa xestión antes do mes de xullo. De non ser así, as EIM non poderán abrir as súas portas no curso 2012-2013.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal