Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO E O CLUB DE RAZA CAN DE PALLEIRO ASINAN UN CONVENIO PARA REALIZAR ACTIVIDADES EN ALDEA NOVA
Esta asociación cederá exemplares de pura raza Can de Palleiro para a crianza no parque temático rural de Sedes.
Narón, 30 de Abril de 2012.- O Concello de Narón asinou hoxe un convenio co Club da Raza Can de Palleiro, actuando como representante o seu presidente, Ernesto Fernández Rodríguez. O acordo de colaboración permitirá o fomento dos xeitos de vida rural no parque temático de Aldea Nova e no recinto feiral do Trece, ambos en Sedes. Na firma do convenio tamén estivo presente o Concelleiro de Medio Ambiente de Narón, Manuel Ramos. Este convenio ten unha vixencia de dous anos –prorrogables por outros dous- e non é de tipo económico senón que o Concello aportará ó club asesoramento técnico e administrativo do Servizo Sociocomunitario para fomentar xeitos de vida rural e un lecer diferente, na percura de hábitos saudables activos. Así, o Club da Raza Can de Palleiro colaborará na programación das actividades de Aldea Nova e cederá exemplares de pura raza Can de Palleiro que polas súas características podan considerarse como especialmente importantes na recuperación da Raza e polo tanto, fomentar a súa utilización como sementales (machos) ou reproductoras (féminas).

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal