Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PRESENTACIÓN DA FESTA DOS MAIOS 2012 DE PIÑEIROS
Se celebra os días 12 e 13 de maio no pavillón polideportivo, onde se realizará un mosaico conxunto e se exporán os traballos dos centros escolares de Narón.
Narón, 11 de Maio de 2012.- O Concelleiro de Cultura de Narón, Guillermo Sánchez Fojo, acompañado por membros da Sociedade Cultural “Areosa” de Piñeiros, presentou hoxe en rolda de prensa o programa de actos da festa de Os Maios 2012, que se celebra mañá sábado no pavillón polideportivo de Piñeiros. Trátase da 15ª edición desta festa, que tense convertido nun dos eventos máis senlleiros dos realizados no eido comunitario. A actividade principal sobre a que xirará a celebración dos Maios é a construción dun mosaico floral entre tódolos asistentes. Previamente, durante as pasadas semanas, 960 escolares de Educación Infantil e 1º ciclo de Educación Primaria estiveron confeccionando os seus propios Maios, que tamén se poderán ver nunha exposición montada no pavillón, conformada por 33 maios dos seguintes centros: CPR Ayala, CEIP Ponte de Xuvia, CPR Santiago Apostol, CEIP Jorge Juan, CRA de Castro, Domirón, Sedes, Pedroso e O Val, e as Escolas Infantís Municipais de A Solaina, Piñeiros e A Gándara. O programa de actos previsto é o seguinte: Sábado 12 de maio 17:00 horas: Concentración no adro da Igrexa de Piñeiros. 17:30 horas: Saída da Comitiva. 17:40 horas: Recepción no Pavillón Polideportivo de Piñeiros. 18:00 horas: Programa de actos dos xogos florais: actuación dos grupos do Padroado, realización do mosaico floral, e mostra de maios escolares. Domingo 13 de maio Exposición de maios escolares no Pavillón Polideportivo de Piñeiros. O programa dos Maios 2012 está organizado polo Padroado de Cultura do Concello de Narón, en colaboración coa Sociedade Cultural “Areosa” de Piñeiros. O Concelleiro de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo, agradeceu a axuda desinteresada que ven prestando ó longo dos anos a entidade Areosa nesta celebración.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal