Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
SINATURA DE 11 CONVENIOS DEPORTIVOS CON CLUBS E ENTIDADES DE NARÓN
O Concello aporta 257.000€ para o fomento do deporte de base no municipio.
Narón, 22 de Maio de 2012.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, asinou hoxe 11 convenios deportivos con asociacións e clubs deportivos da cidade, en diferentes disciplinas deportivas, por importe total de 257.000€. Con estas aportacións anuais, o Concello sella así o seu compromiso co deporte que se ven realizando en Narón con enorme éxito deportivo e alta participación da mocidade. “Temos preto de 3.500 persoas facendo deporte a diario en Narón, e iso para nos é un logro destacable, cuxo éxito depende en boa parte do traballo que fan os equipos e clubs que hoxe asinan estos convenios”, declarou o primeiro edil. A relación de clubs ou entidades e os importes dos convenios son os seguintes: CLUB REMO NARON 7.500€ AGRUPACION DEPORTIVA SANTIAGO APOSTOL 28.000€ SOCIEDADE DEPORTIVA O VAL DE NARON 45.000€ CLUB CIDADE DE NARON 71.000€ CLUB DE GOLF CAMPOMAR 15.000€ CLUB NARON VOLEA 5.500€ CLUB ATLETISMO NARON 33.000€ ESCOLA SUPERIOR DE KARATE 9.000€ CLUB DE TENIS DE MESA CIDADE DE NARON 9.000€ CLUB BALONMAN NARON 12.000€ AGRUPACION DEPORTIVA NAUTICO DE NARON 22.000€ IMPORTE TOTAL 257.000€ Na firma de convenios tamén estivo presente a Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida, quen comentou que este municipio “é un referente importantísimo no mundo do deporte galego, grazas a todos vos. Temos que seguir traballando nesta liña e dende o Concello de Narón a pesares da crisis seguimos apostando polo fomento do deporte de base”, declarou a edil. Na mesma liña expresouse o Alcalde, sinalando que “a cultura, o deporte, a infancia e a dependencia son os catro pilares fundamentais do noso municipio, e imos intentar que permanezcan inalterables a pesares das dificultades económicas que estamos a sufrir os concellos”, indicou José Manuel Blanco. O esforzo foi agradecido polos representantes das entidades que acudiron á firma dos convenios, coma a Agrupación Deportiva Nautico de Narón, cuxa presidenta tomou a palabra para agradecer “que nestes tempos tan difíciles, o Concello siga a estar apoiándonos”. Tamén o presidente do Club de Golf Campomar explicou que “nos está costando manter as actividades do club pero sen a vosa axuda sería xa imposible”. Por último, o presidente do Cidade de Narón de Fútbol engadíu que “nesta época de capitalismo salvaxe, é de agradecer que unha institucion cumpla as súas promesas, e vos o fixéchedes” sinalou en referencia ó Concello de Narón.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal