Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O ENCONTRO LOCAL DA MOCIDADE REÚNE A MÁIS DUN CENTENAR DE MOZOS NA CASA DA MOCIDADE DA GÁNDARA
Celébrase o venres 15 de xuño de 16:00 a 2:00 horas, con entrada libre.
Narón, 15 de Xuño de 2012.- A Casa da Mocidade de A Gándara acollerá hoxe (entre as 16:00 e as 2:00 horas) o 10º Encontro Local da Mocidade “A mocidade e a música” no que se desenvolverán actividades deportivas e musicais nas que participarán perto de 150 mozos/as de Narón e outros tantos da bisbarra e de Galicia. Organizado pola Concellería de Mocidade de Narón, que dirixe a edil Natalia Hermida, o Encontro vai dirixido a mozos/as dende os 14 ata os 30 anos, especialmente para os que estean entre os 16 e os 23 anos. O Encontro articúlase entorno a diferentes accións: exhibición e obradoiro de graffiti, actuacións musicais dos grupos “Vodevil” e “Wolfram” (das aulas de ensaio da Escola de Música Moderna), actuación dun DJ, un coro e un grupo musical, e diferentes obradoiros (tuneado e graffiteado de camisetas, tenis de mesa, tiro con arco, abaloiros, chaveiros e outras artesanías). (Adxúntase o cronograma das actividades previstas)
Descarga de archivos
Cronograma de actividades do 10º Encontro Local da Mocidade
Tamaño:90,50 KB

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal