Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A PARROQUIA DE O VAL ACOLLE A TRADICIONAL RECREACIÓN DA LENDA DA PENA MOLEXA
A 15ª edición deste programa celébrase o sábado 23 de xuño no castro de Vilasuso.
Narón, 21 de Xuño de 2012.- O castro de Vilasuso (O Val) acolle o vindeiro sábado 23 de xuño a tradicional Recreación das Lendas da Pena Molexa, que terá lugar a partires das 18:00 horas. Este ano celébrase a 15ª edición, e agárdase a participación de mais dun millar de persoas (no ano pasado congregáronse 1.200 persoas). O Programa das Lendas da Pena Molexa ten por obxetivo conquerir a participación da veciñanza do Val na vida cultural ó través da implicación na organización e deseño do evento, que este ano ten o seguinte programa: 18:00h. Xogos populares e Deporte rural. 20:00h. Churrascada durante todo o día(Churrasco Molexo: 8€ / Bocata Lopeso: 3€) 22:00h. Actuación musical do grupo “Vai Rañala Meu”. 00:00h. Representación das Lendas da Pena Molexa e Repichoca Popular. 00:30h. Lumeirada e Repichoca. O Programa das Lendas da Pena Molexa está promovido polo Padroado da Cultura do Concello de Narón, que conta coa colaboración da Asociación Cultural, Recreativa e de Mulleres Zarabanda,a A.V.V. “Os Irmandiños” do Val e a Cooperativa do Val. Na parroquia do Val , no lugar de Vilasuso, gárdanse na memoria viva da veciñanza, por medio da transmisión oral, unha serie de Lendas de orixe indoeuropeo que recolle unha serie de elementos culturais de grande valor etnográfico e antropolóxico galego. As lendas da Pena Molexa, con moitas versións, recóllese eiquí nas variacións da Pena que se converte en fada ou doncella na noite solsticial do verán, e das Penas que se convirten en guerreiras/os có seu señor do Castro de Vilasuso, nesa mesma noite.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal