Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O ALCALDE RECIBE ÓS 7 NENOS SAHARAUIS QUE PASAN O VERÁN EN NARÓN
Forman parte do programa "Vacacións en paz" promovido pola asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui.
Narón, 6 de Xullo de 2012.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, ofreceu hoxe unha recepción institucional ós 7 nenos que participan no programa “Vacacións en Paz”, promovido pola asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui. Nesta ocasión, trátase de 5 nenos e 2 nenas (de entre 7 e 12 anos) que pasarán os meses de xullo e agosto coas súas familias de acollida en Narón. Durante este tempo, disfrutarán do clima e recibirán asistencia médica. O Alcalde de Narón deulles a benvida e desexoulles “que o pasedes ben, porque este clima é moi distinto ó voso e veredes moita chuvia pero quizás iso tamén o disfrutaredes”. Ademáis, José Manuel Blanco agradeceu á asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui “o traballo que están a facer, con moito esforzo porque cada vez os tempos son máis difíciles e precisamos da solidariedade de todos”, concluíu. Pola súa banda, a Concelleira de Acción Social, Catalina García, tamén agradeceu ás familias de acollida a súa solidariedade e agardou “que en vindeiros anos siga crecendo, para poder disfrutar de máis nenos”. No acto de recepción dos nenos saharauis participou tamén a concelleira Marcela Castro (PP). Os nenos foron obsequiados cunha mochila escolar, e un cheque por valor de 60€ para canxear por material escolar ou xoguetes.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal