Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
FINALIZA A COLOCACIÓN DAS NOVAS MARQUESINAS DA REDE DE AUTOBUSES URBANOS
Téñense instalados 9 elementos de refuxio para os usuarios deste servizo de transporte.
Narón, 5 de Xullo de 2012.- O Concello de Narón ven de finalizar a instalación das novas marquesiñas aportadas pola Xunta de Galicia dentro do Plan de Transporte Metropolitano. En concreto, téñense instalado nove elementos de refuxio dos usuarios de autobús: 3 marquesiñas de primeiro nivel (con 4,7 metros de lonxitude) e 6 maquesiñas de segundo nivel (de 3 metros de longo). As novas marquesiñas están colocadas nos seguintes puntos do termo municipal de Narón: -Estrada de Castela, nº 117 (marquesiña pequena) -Estrada de Castela, nº459-461 (marquesiña grande) -Estrada de Castela, nº 661 (marquesiña grande) -Estrada de Castela, nº 656 (marquesiña pequena) -Estrada de Castela, diante da praza do Colexio de Piñeiros (marquesiña pequena) -Estrada de Castela, diante do local social de Piñeiros (marquesiña pequena) -Estrada de Castela, nº 500, diante do Fogar de San José (marquesiña pequena) -Estrada de Castela, diante da Praza de Galicia (marquesiña grande) -Estrada de Castela, nº 426 (marquesiña pequena) Ademáis, proximamente se procederá a colocar 13 novos postes de sinalización no resto das paradas de autobús.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal