Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
NOMEAMENTO DAS NOVAS DAMAS E CABALEIROS DA ORDE DO PEMENTO DO COUTO
Foron elexidos a actriz Yolanda Muiños, o concelleiro de Urbanismo e Medioambiente, Manuel Ramos, e o cociñeiro Alfonso Pendás. .
Narón, 17 de Xullo de 2012.- A parroquia de O Couto acolleu o pasado domingo 15 de xullo a celebración da 14ª Festa gastronómica do Pemento do Couto, que se desenvolveu baixo carpa na explanada situada frente ó local da AVV do Couto. O pregoneiro desta nova edición da Festa do Pemento do Couto foi o actor e productor Celso Parada. Dende o ano 2010, a Festa do Pemento do Couto ten ido crecendo de xeito notable ata chegar a convertirse nun evento cultural, ademáis dunha cita para a exaltación deste producto da horta, cultivado directamente por parte dos productores da Cooperativa de O Val. A Festa do Pemento do Couto está organizada pola AVV do Couto e o Concello de Narón, en colaboración coa Cooperativa do campo de O Val. Ademáis do tradicional pregón, tivo lugar o nomeamento dos tres novos membros da Orde de Damas e Cabaleiros do Pemento do Couto,que recibiron a insignia do Pemento de Honra e a correspondente capa de cor verde, que lles acredita como membros da orde. Ademáis, prestaron o correspondente xuramento. Este ano 2012 distinguiuse ás seguintes persoas: -Por parte do Concello de Narón, á actriz naronesa Yolanda Muiños (recolleu o premio o seu pai, ó atoparse traballando e non poder desprazarse ata aquí) -Por parte da AVV do Couto, ó concelleiro de Urbanismo e Medioambiente de Narón, Manuel Ramos. -Por parte da Cooperativa de O Val, ó cociñeiro Alfonso Pendás (do restaurante Casa Pendás, en Sedes).

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal