Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PRESENTADA A PROGRAMACIÓN DE TEATRO, DANZA E MAXIA DO PAZO DA CULTURA
Os espectáculos desenvolveranse entre setembro e decembro de 2012.
Narón, 6 de Setembro de 2012.- O Alcalde de Narón, Xosé Manuel Blanco, e o Concelleiro de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo, presentaron hoxe en rolda de prensa a programación cultural de teatro, danza e maxia que acollerá o Pazo de Cultura de setembro a decembro de 2012. En total, son 16 espectáculos (12 de teatro, 1 de maxia e 3 de danza) de enorme calidade, que supoñen un orzamento total de 112.082€ (financiados coa aportación do Concello -69.991€-, AGADIC -39.000€- e a Deputación -3.090€-). O Concelleiro de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo, destacou a enorme calidade da programación cultural deste último cuatrimestre de 2012, “a pesares de ter que reducir 350.000€ nos orzamentos deste ano. Estou orgulloso de poder manter o nivel que ten caracterizado a Narón dende sempre, e penso que ningún concello de Galicia que teña menos de 100.000 habitantes pode presumir do mesmo”, sinalou. O Alcalde de Narón, Xosé Manuel Blanco, apuntou na mesma dirección ó lembrar que “apostamos por traer unha programación de calidade para os veciños, a pesares da crise que estanos a azotar a tódolos concellos”. A programación cultural destos últimos meses do ano 2012 achegará a Narón a importantes actores do panorama cultural español, como Guillermo Toledo ou Nuria Espert, pero tamén actores e actrices procedentes da Escola de Teatro de Narón, entre outros. Programación de setembro a decembro de 2012: SETEMBRO Xoves 13 e Venres 14: traxicomedia “Bonecas” producida polo dramaturgo naronés José Luis Prieto, e con actrices da Escola de Teatro de Narón. Venres 21 e Sábado 22: teatro contemporáneo “A función do tequila” de Teatro do Morcego (entrada gratuita para os aboados. Compañía residente de Narón). Sábado 29: comedia “El chico de la última fila” da compañía La fila de al lado. OUTUBRO Venres 5 e Sábado 6: comedia “Desfeitos” de Teatro Galileo (estrea en Narón). Sábado 13: comedia “Contra el viento del norte” de Tanttaka Teatroa. Sábado 20: teatro contemporáneo “El montaplatos” de Animalario (con Guillermo Toledo). Sábado 27: maxia “15 ilusións para unha noite” de Creacións Máxicas Lirolai, S.L. (co ilusionista Martín Varela). NOVEMBRO Sábado 10: teatro contemporáneo “Citizen total” do Grupo Chévere. Sábado 17: comedia “Tango” de Sarabela Teatro. Sábado 24: comedia “O pior de Mofa e Befa” de Mofa e Befa. DECEMBRO Sábado 1: teatro contemporáneo “La loba” de Juanjo Seoane Producciones. Venres 14 e Sábado 15: teatro contemporáneo “O profesional” do Centro Dramático Galego. Mércores 26: danza contemporánea “Aínda” do Centro Coreográfico Galego. Xoves 27: ballet-danza contemporánea “O Crebanoces” do Centro Coreográfico Galego. Venres 28: danza contemporánea “Velázquez en can-ido?” da compañía galega de danza Jesús Quiroga. O prezo das entradas e os horarios dos espectáculos seguen sendo os mesmos: entradas público xeral 9€, abonados 6,30€ e usuarios do carné xove e estudiantes –ata 25 anos- 5€. Os espectáculos se desenvolverán os venres ás 20:30 horas e os sábados ás 20:00 horas.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal