Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O ALCALDE RECIBE Á ASOCIACIÓN DE VECIÑOS ALTEA DE XUVIA PARA FALAR DAS OBRAS PREVISTAS NESTE BARRIO
Está previsto o acondicionamento da Finca San Román e a reposición de aglomerado da rúa Somozas, entre outras actuacións.
Narón, 18 de Setembro de 2012.- O Alcalde de Narón, Xosé Manuel Blanco, recibíu hoxe ó presidente da Asociación de Veciños “Altea” de Xuvia, Ramón Rodríguez Silverio, para informarlle de diferentes obras e actuacións que se levarán a cabo proximamente neste barrio. Así, o rexedor detallou as distintas actuacións que dende o Concello téñense previsto acometer, coma a mellora da Finca San Román, recentemente cedida ó Concello e que á súa vez poderán disfrutar dela os veciños de Xuvia a través da asociación Altea. O goberno municipal ten previsto adecentar os xardíns que rodean ó inmoble no mes de outubro, a través do desbroce da maleza e a replantación de especies arbóreas. Además, se procederá a colocar novos cristais nas fiestras do chalet, e a colocar un novo portal na entrada á finca. A AVV Altea colaborará co Concello nestas tarefas. Por outra banda, o Alcalde informou ó presidente da entidade veciñal que o Concello destinará 30.000€ -da derradeira habilitación de crédito- para a reposición de aglomerado na rúa Somozas. Ademáis, téñense previsto realizar desbroces na rúa de Feve, na rúa Xoan XXIII e nas inmediacións do Cuartel da Garda Civil. Sobre esta instalación, o presidente de Altea apuntou que a asociación enviará un escrito ó Ministerio de Interior –ó ser propietario do inmoble- para informarlle da situación de abandono e do perigo que supón a existencia dun muro con risco de desplome. Tamén pedirá ó goberno central que estableza un sistema de vixianza no entorno do cuartel, actualmente abandonado. O Alcalde informou tamén das inminentes obras de mantemento e mellora en diferentes puntos do paseo marítimo de Xuvia, onde se reparará un tobogán infantil e se realizará un mantemento exhaustivo das árbores. O presidente da AVV Altea amosouse satisfeito polos temas abordados na reunión, apuntando que “son moitas as demandas que lle fixemos ó Concello e o Alcalde nos confirmou que a maioría vanse facer o están xa en marcha”, declarou Ramón Rodríguez Silverio. O Alcalde de Narón engadiu que dende o goberno municipal “ademáis de ir solventando a situación de crise que sufrimos todos, e tamén temos que continuar realizando obras urxentes. Hai que controlar o gasto pero tamén continuar dando servizo ós veciños”, declarou Xosé Manuel Blanco.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal