Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
VISITA A DUAS PERSOAS CENTENARIAS DE NARÓN CON MOTIVO DO DIA INTERNACIONAL DAS PERSOAS MAIORES
Flora Ulfe e Mª del Carmen Sanjurjo teñen 104 e 102 anos respectivamente.
Narón, 1 de Outubro de 2012.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a Concelleira de Promoción Social, Teresa Sabio, visitaron hoxe a dúas mulleres que residen en Narón e superan os cen anos de idade, con motivo do Día Internacional das Persoas Maiores. As homenaxeadas foron Mª del Carmen Sanjurjo Anca (de 102 anos) e Flora Ulfe Santalla (de 104 anos), que residen no domicilio familiar e no Fogar de Maiores de Piñeiros, respectivamente. Ambas recibiron a visita institucional do Alcalde e da Concelleira de Promoción Social, que estiveron acompañados pola Concelleira de Acción Social, Catalina García. Foron agasalladas cun diploma conmemorativo desta data, e unha cesta de prantas. Mª del Carmen Sanjurjo Anca naceu o 8 de agosto de 1910 no Concello de Neda, aínda que leva 8 anos vivindo no domicilio dun dos seus fillos en Agras (Piñeiros).Casou e tivo 6 fillos (dos que actualmente viven 4), 5 netos e 2 biznetos. Quedou viuba ós 48 anos, e compatibilizou as súas responsabilidades familiares co traballo no campo, como agricultora. Recibíu de bo grado a visita do Alcalde, ó que lle desexou “salud, dinero y amor”. Os seus familiares explicaron que ten un carácter tranquilo e sosegado, e que ten bo apetito. Sobre os obsequios, Mª del Carmen comentou que as prantas que recibíu “son ben bonitas” e foi quen de lembrar a data do seu cumpleanos. Antes de rematar o cálido encontro, declarou que “La salud y la paz son cosas de gran valía”. Flora Ulfe Santalla naceu o 14 de abril de 1908, en Cerdido, e leva 4 anos residindo no Fogar de Maiores de Piñeiros. A Flora casou e tivo un fillo –xa falecido- e a pesares da súa lonxevidade e das limitacións propias da súa idade, goza dun excelente sentido do humor, que fixo gala del ó cantar repetidamente a canción “Baila morena”. De feito, no pasado gañou varios premios bailando a Jota e a Muiñeira coa súa irmá, tal e como lembrou unha das súas sobriñas. Flora desexou a todos “que teñades un bo ano, e sorte na vida”. Ambas residen felizmente en Narón, e hoxe pasaron un día especial coa visita institucional realizada por parte do Alcalde e a Concelleira de Promoción Social.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal