Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UN TERCIO DAS ENTIDADES SOCIAIS DE NARÓN SOLICITARON FINANCIAMENTO PARA DESENVOLVER ACTIVIDADES
A Concellería de Participación Cidadá segue a desenvolver charlas informativas para difundir o Regulamento de Participación Cidadá.
Narón, 28 de Setembro de 2012.- A Concellería de Participación Cidadá de Narón, dirixida pola edil Catalina García, cerrou o pasado 22 de setembro o prazo de convocatoria de subvencións municipais a entidades sociais. Durante este período, foron presentadas un total de 39 solicitudes de diversas asociacións para desenvolver actividades e programas no municipio. As propostas serán valoradas polo Servizo Sociocomunitario Municipal. Estas 39 solicitudes representan o 20% do rexistro total de asociacións, e o 30% das entidades sociais e culturais aos que vai destinada a convocatoria. As entidades clasifícanse do seguinte xeito: - 8 entidades veciñais. - 6 ANPAS e entidades educativas. - 3 asociacións de mulleres. - 10 entidades sociais e de promoción da calidade de vida de determinados colectivos. - 6 entidades culturais e de promoción do patrimonio. - 5 entidades de promoción do medioambiente e saúde. - 1 entidade de promoción do tecido empresarial. O tipo de proxectos varía en función da natureza de cada entidade: promoción da igualdade de xénero, programas de intervención sociocomunitaria e de habilidades sociais con coletivos con especiais necesidades, impartición de actividades extraescolares, posta en marcha dunha biblioteca rural, accións de sensibilización e intervención sobre o medioambiente, foros de emprendedores, actividades formativas e de lecer, de producción artística, teatral, etc. As contías solicitadas oscilan entre os 300 € e os 13.000 €, sendo a maioría dos proxectos cofinanciados polas propias asociación, nos que se solicita á administración local cantidades entre os 2.000 e 4.000 €. Para esta convocatoria, a Concellería de Participación Cidadá destina unha contía global de 40.000 € (cantidade que se viu incrementada nun 25% en relación ó ano anterior, dadas as necesidades sociais do tecido asociativo á hora de desenvolver as súas actividades habituais). Por outra banda, dentro programa “Escola activa de participación cidadá e política” (que deu inicio a súa andaina o pasado 27 de agosto de 2012) téñense asesorado un total de 36 entidades, en temáticas relativas á elaboración de proxectos, actualización de datos no Rexistro Municipal de Entidades Cidadás e difusión das actividades de cada asociación entre o propio tecido asociativo. Actualmente, estanse a realizar charlas nos barrios que levan por título “Como participar no meu concello?” para difundir os contidos do Regulamento de Participación Cidadá. Estes encontros daban comenzo o pasado 12 de setembro e xa se teñen celebrado en Piñeiros, Doso, Castro, San Xiao, San Mateo, Santa Icía – A Solaina. Hoxe terá lugar a sesión na parroquia de Sedes. Para a próxima semana o calendario será o seguinte: • Luns 1 de outubro ás 20,00. Local social de Freixeiro. • Martes 2 de outubro ás 20,00. Local social da Gándara. • Mércores 3 de outubro ás 20,00. Local social de Xuvia. • Xoves 4 de outubro ás 20,00. Local social de O Val. • Venres 5 de outubro ás 18,00. Local social de O Couto. • Venres 5 de outubro ás 20.30. Local social de O Alto. • Esta pendente concretar a reunión coa parroquia de Pedroso.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal