Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO INICIA UN PROCESO PARTICIPATIVO DENDE OS BARRIOS PARA INFORMAR SOBRE OS DEREITOS CIDADÁNS
Narón, 9 de Outubro de 2012.- Coa finalidade de dar a coñecer os dereitos que recolle o Regulamento de Participación Cidadá, o Concello de Narón ven de celebrar, entre o 12 de setembro e o 6 de outubro un total de 14 encontros informativos nos locais sociais municipais, nos que se explicaba ás asociación os dereitos que a normativa municipal recolle para tanto para os cidadáns a título individual como para as entidades e os consellos que se van a poner en marcha este ano. As charlas foron impartidas pola Concelleira de Participación Cidadá de Narón, Catalina García. Así, falouse de: • Dereito a intervir nos plenos sobre un asunto que figure na orde do día e influír no debate e na votación dos grupos municipais, unha vez exposta a información veciñal. • Dereito a incorporar asuntos nas comisións informativas de cada área para que se incorporen na axenda política local temas que non están sendo tratados dende os grupos políticos. • Dereito a unha maior transparencia na xestión e de información sobre calquera asunto de competencia municipal. • Dereito de consulta popular, co 5% de sinaturas para que o concello realice unha sondaxe entre a veciñanza sobre un asunto de interese. • Dereito de iniciativa popular, co 10% de sinaturas de maiores de 18 anos para propoñer un novo programa ou unha nova normativa. • Dereito de audiencia pública, co 20% das asociación rexistradas, 10% de sinaturas de particulares para solicitar unha sesión pública informativa dun concelleiro/a sobre a súa xestión (datos de orzamento, decisións tomadas, prazos de execución, etc) • Cómo participar a través dos consellos territoriais, nos que as asociacións de cada zona chegarán a acordos sobre as propostas priorizadas de obras e servizos de cada barrio. • Cómo se pode solicitar a creación de novos consellos sectoriais, por cada área de xestión do concello, no que as entidades deportivas, culturais, de igualdade, etc. poden propoñer iniciativas, planificar actuacións conxuntamente co resto do tecido asociativo e a administración e controlar as accións municipais. • A importancia da posta en marcha do consello xeral de participación, no que están representados todos os membros dos consellos de zona e de cada sector e se debaten asuntos estratéxicos para Narón, como políticas a longo prazo, que afecten á totalidade do municipio. Resultados de participación nesta fase • Formáronse 127 persoas membros das xuntas directivas de 62 asociacións, nas 14 charlas que se celebraron nas parroquias de O Val, Castro, San Mateo, San Xiao, Sedes, Pedroso, Doso e nos barrios de Santa Icía-A Solaina, Freixeiro, Piñeiros, A Gándara, O Couto, O Alto, Xuvia. • Por niveis de participación, asistiu o 47,7% do rexistro total de asociacións, sendo o interese moi diferente por sectores (asistiu o 100% das entidades veciñais, o 35,2% das deportivas e un 25% das ANPAS) • Estes encontros serviron para informar dos dereitos que recolle o Regulamento de Participación Cidadá, do que as entidades só coñecen o dereito de información e de asistencia aos plenos, non sendo coñecedores/as das posibilidades de participación que lles brinda esta ferramenta á hora de poder influir sobre as políticas municipais. Ademais gran parte das entidades cidadás non tiñan constancia da actividade e da existencia doutras no propio barrio, fomentando o intercambio entre elas (charlas que ofertan as entidades sociais ás AAVV a custe cero para estas, proxectos conxuntos entre ANPAS e ONGs, etc.) Igualmente, este tipo de encontros que deron comezo dende Participación Cidadá serve para valorar o nivel de actividade que ten o movimento asociativo. • As demandas máis frecuentes son: o Maior devolución de información por parte do concello ao veciño/a que realiza unha consulta ou unha petición o Mellora da coordinación da administración entre os seus departamentos. o Asesoramento na dinamización da mocidade e incorporar ás entidades de maiores nas AAVV. • En relación á atención ao público, atendéronse 56 consultas dende a súa apertura en setembro (na elaboración de proxectos novos, cambios de estatutos, xestión de actividades, dinamización de persoas socias, etc) Próximas acción • Celebración de 2 sesións novas para seguir impartindo formación sobre os dereitos que recolle o Regulamento de Participación, dandolles opción a inscribirse aos consellos do seu barrio ou parroquia ás entidades de Narón e promover a creación dos consellos sectoriais, no caso das entidades que traballan no municipio e teñen sede noutros concellos. o Encontro informativo coas 42 asociacións que están a desenvolver programas no municipio de Narón e que teñen a súa sede noutras localidades, na súa maioría entidades de carácter social que desempeñan o seu labor a nivel comarcal e con emprazamento físico en Ferrol (outras en Arzúa, Neda, Pontedeume, Fene, A Coruña, Santiago de Compostela). o Encontro informativo coas entidades que non puideron asistir ás xuntanzas de barrio ben porque teñen unha identidade territorial co barrio no que están rexistradas ou están en proceso de nova constitución (entidades deportivas e ANPAS na súa maioría) Datos do programa Escola activa de participación cidadá e política:  Casa da Cultura, Praza de Galicia, s/n, baixo. Narón  Horario de atención ao público: mañáns de luns a venres de 10.30 a 13.30 e tardes dos luns de 16.30 a 19.30  981.337700 Extensión 1141 / 607.895.706  escoladeparticipacion@naron.es

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal