Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O ALCALDE DE NARÓN E O PRESIDENTE DA ASOCIACIÓN BRIANTE ASINAN UN CONVENIO DE COLABORACIÓN
Servirá para desenvolver actividades de orientación laboral, e accións de apoio ao pequeno comercio.
Narón, 17 de Outubro de 2012.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e o presidente da Asociación de Economía Social “Briante”, Manuel Rivera Iglesias, asinaron un convenio de colaboración para o desenvolvemento de actividades de orientación laboral, e apoio ao pequeno comercio. O acordo estará vixente durante este ano 2012, e suporá unha achega de 2.000€ por parte do Concello a esta entidade. A cambio, “Briante” comprométese á realización de actividades de apoio e promoción de emprendedores de Narón –especialmente autónomos- e á inserción de colectivos desfavorecidos e proxectos cooperativos. A Asociación de Economía Social “Briante” tamén participará nos programas de apoio ao pequeño comercio, e no desenvolvemento de programas de microemprendemento con xóvenes no eido da cultura.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal