Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
EXPOSICIÓN PÚBLICA DOS LÍMITES DO CAMIÑO DE SANTIAGO INGLÉS Ó SEU PASO POR NARÓN
Pódense consultar no departamento de Urbanismo do Concello, ata o 19 de decembro de 2012.
Narón, 5 de novembro de 2012.- A Concellería de Urbanismo de Narón, dirixida polo edil Manuel Ramos, mantén a exposición pública a delimitación do Camiño de Santiago Inglés ó seu paso por Narón. Estos límites foron establecidos pola Subdirección Xeral de Protección do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, e publicados no DOG do xoves 18 de outubro de 2012. A información permanecerá a exposición pública no departamento de Urbanismo do Concello (6ª pranta), onde os afectados poderán informarse e mesmo presentar as alegacións que consideren oportunas, para o cal se lles entregará un impreso. O prazo remata, en ambos casos, o 19 de decembro de 2012. Os principais lugares afectados pola protección do Camiño Inglés son a zona de A Faisca, o entorno do Muiño de As Aceñas, e o paseo marítimo de Xuvia. Os Camiños de Santiago contan cunha regulación específica, recollida na Lei 3/1996, do 10 de maio, de Protección dos Camiños de Santiago (DOG nº 105, do 23 de maio). A delimitación do Camiño Inglés servirá para establecer un ámbito de protección que garanta a integridade e autenticidade desta ruta xacobea, e favorecer a conservación dos valores asociados a este ben patrimonial de primeira orde. Os límites do Camiño de Santiago non comprenden tan só a súa dimensión física (entre 1 e 3 metros de ancho) senón que delimitan un ámbito territorial máis amplo, que se identifica como territorio histórico, sobre o cal pesa tamén esa protección. En xeral, a delimitación ten como referencia unha banda a cada lado do camiño duns 100 metros, englobando as áreas de protección dos elementos patrimoniais próximos ao camiño e os núcleos de poboación polos que discurre.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal