Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O ALCALDE ASINA CATRO CONVENIOS CON CENTROS EDUCATIVOS DE NARÓN PARA REALIZAR ACTIVIDADES EN ALDEA NOVA
Narón, 5 de decembro de 2012.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, asinou hoxe catro convenios de colaboración cos directores dos seguintes centros de ensino de Narón: -CPI O Feal (Victor Novo). -Colexio Jorge Juan (Mª José Cazorla). -IES As Telleiras (Carmen Pazos) -IES Terra de Trasancos (José Ricardo Lorente) Na firma do convenio tamén estivo presente a Concelleira de Educación de Narón, Mª del Carmen Espada. O obxecto destos convenios é a realización de actividades extraescolares durante este último cuatrimestre do ano 2012, no parque temático do mundo rural Aldea Nova (Sedes). En conxunto, o Concello destinará 15.697 euros a estas actividades. O parque de Aldea Nova dispón de 7 hectáreas de superficie con diversas instalacións como o albergue-comedor, sala de usos múltiples, hortas agrícolas e invernadoiro, alpendres de gando, estación de rutas e estadía, casa museo, centro de coñecemento, e planetario. Esta instalación dispón de especialistas de educación ambiental, ámbito agropecuario, aplicultura e silvicultura, etc..

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal