Serán doadas a nen@s que as necesiten, como agasallo de Nadal.
Narón, 10 de decembro de 2012.- O Concelleiro de Seguridade Cidadá de Narón, Guillermo Sánchez Fojo, e o Equipo de Educación Vial do Concello de Narón (formado polo policía local Pedro Caneiro, e o técnico de INEF Simón Cabarcos) presentaron hoxe en rolda de prensa o proxecto “A tua vella bicicleta vale un sorriso”.
Trátase dunha campaña de recollida de bicicletas usadas, que serán repartidas posteriormente nos centros escolares de Narón, entre os nenos/as que o necesiten. Aqueles que desexen doar as súas bicicletas poderán facelo ata o día 21 de decembro nos colexios de Narón, e ata o 28 de decembro no Concello (en horario de mañá).
O equipo de Educación Vial ocuparase de distribuir posteriormente as bicicletas entre os nenos/as dos colexios de Narón que as necesiten. Esta iniciativa xurde logo de constatar que, nos últimos tempos, víñanse dando nos colexios casos de nenos/as que non dispoñían de bicicleta para poder realizar as saídas programadas polo Equipo de Educación Viaria do Concello.
Inicialmente, as bicicletas repartiranse nos colexios onde haxa nenos/as que non dispoñen de elas, e as que sobren se donarán a entidades sociais e ONGS.