Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO CHEGA A UN ACORDO PARA ADQUIRIR O ANTIGO CUARTEL DA GUARDIA CIVIL EN XUVIA
O prezo de venta do inmoble será de 234.680 euros.
Narón, 12 de decembro de 2012.- O Ministerio do Interior ven de confirmar ó Concello de Narón a aceptación do prezo de venta do antigo Cuartel da Garda Civil de Xuvia (situado no número 845 da Estrada de Castela) fixado polos servizos técnicos municipais en 234.680,56€. Así o comunicou recentemente a Xerencia de Infraestructuras e Equipamento da Seguridade do Estado, dependente do Ministerio do Interior, ó Alcalde de Narón. José Manuel Blanco compareceu hoxe en rolda de prensa para informar deste acordo, destacando a boa negociación feita polo Concello, o que supuxo unha rebaixa de case un 75% do prezo inicialmente ofertado polo Ministerio. O goberno local, a proposta da Asociación de Veciños “Altea” de Xuvia, dirixiuse ó Ministerio do Interior no ano 2011 para prantexarlle a posibilidade de mercar esta propiedade, dado que estaba en desuso. O Ministerio do Interior contesta ó escrito o 2 de setembro de 2011, realizando unha oferta económica baseada na “innecesariedade” do seu uso por parte da Guardia Civil, e fixando o prezo do inmoble en 860.000€ Os técnicos municipais, atendendo a esta oferta, realizan en outubro de 2011 un informe técnico no que se determina que a parcela (de 2.093 m2) é de carácter dotacional e atópase fora de ordenación xa que os inmobles que alberga foron edificados con anterioridade á aprobación do PXOM do ano 2002. A superficie construída (809 m2) sobrepasa a ocupación máxima do 30% permitida no PXOM, e polo tanto non se axusta á legalidade urbanística. Os únicos usos que permite a ordenanza de aplicación son: educativo, sanitario-asistencial, sociocultural, religioso, deportivo, recreativo, abastecemento, transportes e zonas verdes. Tendo en conta estas circunstancias, os técnicos municipais rebaixan a oferta a 234.680€ e así o comunican ó Ministerio do Interior, quen á súa vez envía o 10 de outubro de 2011 unha nova oferta, ofrecendo as instalacións 586.250€. O Concello volve a rexeitar a segunda oferta e de novo ofrece a cantidade proposta inicialmente, en base ós informes técnicos municipais: 234.680€. Finalmente, o Ministerio do Interior acepta a oferta do Concello e comunica que deberá abonar o 25% do importe total (é dicir, 58.670€) en concepto de garantía provisional, e elevar o acordo ó Pleno da Corporación. A este respecto, o Alcalde de Narón apuntou que os Orzamentos Municipais para o ano 2013 xa están pechados e non contemplan ningunha partida para esta finalidade, pero coa primeira habilitación extraordinaria de crédito (prevista para o primeiro trimestre do ano, aproximadamente en marzo) obteríanse os cartos necesarios para dito fin. Así se lle prantexará ó Ministerio do Interior, á vez que se solicitará o pago da cantidade restante de xeito plurianual, facéndose o Concello coa titularidade do inmoble no 2014 ou 2015. Respecto ós usos que se lle poderían dar a este edificio, o Alcalde explicou que por lóxica o uso máis apropiado sería o deportivo, pero é preciso valorar o mantemento das instalacións e a súa viabilidade. Non obstante, ata o ano 2014 como mínimo o Concello non podería facer uso da instalación. Acompañando ó Alcalde na rolda de prensa estiveron Mario Isasi (Concelleiro de Patrimonio de Narón) e Ramón Silverio (Presidente da Asociación de Veciños ‘Altea’ de Xuvia). Ambos expresaron a súa satisfacción por ter acadado este acordo.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal