Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ENTREGA DE PREMIOS DO III CONCURSO DE FOTOGRAFÍA PAISAXÍSTICA 'CIDADE DE NARÓN'
A imaxe gañadora é unha fotografía do Mosteiro do Couto.
Narón, 13 de decembro de 2012.- A Concelleira de Turismo de Narón, Maria Rodríguez Porto, entregou hoxe os premios correspondentes ó III Concurso de Fotografía ‘Concello de Narón’ convocado co obxecto de difundir a riqueza paisaxística, cultural e social do municipio de Narón. A imaxe gañadora é propiedade de Angela López Nuñez (veciña de Fene) e reflexa o anoitecer no Mosteiro do Couto. Foi premiada cun cheque por valor de 600€. O segundo premio foi para José Antonio Serantes Varela (de Narón) quen presentou unha imaxe da Praia Lopesa, e recibíu un cheque por valor de 300€. E o terceiro premio o conqueriu Luis Botana Pérez (de Ferrol) cunha fotografía en branco e negro, da ponte sobre o río Xuvia. O seu premio foi de 150 €. Estas tres imaxes, xunto con outras 9 seleccionadas polo xurado entre as participantes, formarán parte dun calendario do ano 2013 que próximamente editará o Concello de Narón.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal