Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O 'APALPADOR' PERCORRE DENDE HOXE AS RÚAS DE NARÓN REPARTINDO CARAMELOS ENTRE OS NENOS E NENAS
Visitará os barrios e participará nas festas previstas durante este Nadal.
Narón, 17 de decembro de 2012.- O Concelleiro de Promoción Económica de Narón, Pablo Villamar, e unha representante da Asociación de Comerciantes de Narón, Eva Pena, recibiron hoxe no Concello ó “Apalpador”. Trátase dunha personaxe que estará durante este Nadal en Narón, convidado polo Concello e a Asociación de Comerciantes, dentro da campaña “Comercio de Narón, en Nadal e sempre”. O “Apalpador” percorrerá as rúas e os comercios de Narón durante estas datas (dende hoxe e ata o sábado 29 de decembro) pero tamén participará na Gala do Comercio (o 21 de decembro no Auditorio da Praza de Galicia), nas Festas Infantís (o martes 25 no Alto, e o sábado 29 en Santa Icía) e viaxará a bordo do tren navideño (o mércores 26). Os barrios nos que os nenos poderán atoparse con esta figura, típica de Galicia, son O Alto, A Gándara, Santa Icía, Estrada de Castela, e o Alto do Castiñeiro. O “Apalpador” declarou que era “un pracer estar por estas terras, xa que dixéronme cousas moi boas de Narón e do seu comercio”. Ven disposto a repartir caramelos e deixarse fotografiar con tódolos nenos/as de Narón e doutros puntos da comarca.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal