Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE PARA O PROGRAMA 'VACACIÓNS EN PAZ'
Precísanse 5 familias para acoller a nen@s saharauis durante o verán de 2013 en Narón.
Narón, 17 de decembro de 2012.- A Concellería de Acción Social abríu hoxe o prazo de presentación de solicitudes para participar no programa ‘Vacacións en Paz’. As familias interesadas en acoller a un neno/a do Sáhara durante os meses de xullo y agosto en Narón, terán ata o 20 de xaneiro de 2013 para formalizar a solicitude correspondente. A Concelleira da área, Catalina García, fixo un chamamento público á solidariedade dos naroneses para que se sensibilicen coas difíciles condicións de vida que teñen os habitantes do Sáhara, e participen neste programa co que o Concello colabora financiando a viaxe de 5 nenos/as (o mesmo que o ano 2012). Pero ademáis, precísase cubrir as necesidades de alimentación e mediciñas que están a ter os refuxiados saharauis, que están a sufrir especialmente as dificultades e a crise económica nos campamentos onde viven refuxiados. Para achegarlles axuda, a Asociación ‘Solidariedade Galega co Pobo Saharaui’ promove unha campaña de recollida de roupa usada (tamén sirve o calzado, e material textil susceptible de reciclaxe). Precísanse xuntar 15.000 kilos de roupa (ata o de agora, téñense conseguido 4.000 kilos) para o seu reciclaxe, co que se obterá diñeiro para mercar alimentos e mediciñas con destino ó Sáhara. “Precisamos a solidariedade da xente, para que os nenos poidan pasar o verán aquí, fuxindo das altas temperaturas do deserto e realizando recoñecementos médicos e recuperar as condicións de sáude”, declarou a presidenta da asociación, Maite Isla.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal