Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO PRESENTA O PROGRAMA 'NARÓN GASTRONÓMICO 2013'
A primeira das actividades realizarase do 1 ó 12 de febreiro, cunha degustación de tapas propias do Entroido.
Narón, 17 de Xaneiro de 2013.- O Concelleiro de Promoción Económica de Narón, Pablo Villamar, presentou hoxe en rolda de prensa o programa “Narón Gastronómico” que ten como obxectivo difundir a riqueza gastronómica do municipio, a través de diversas iniciativas que irán organizándose ó longo do ano. A primeira actividade incluída neste programa e o ‘Narón Gastronómico Entroido 2013’ que consiste nunhas xornadas de promoción da gastronomía propia destas datas, a través de tapas que se servirán nos establecementos de hostalería adheridos á campaña, do 1 ó 12 de febreiro de 2013 –ambos inclusive-. Os establecementos interesados en participar nesta campaña poderán inscribirse enviando un correo electrónico ó enderezo narongastronomico@naron.es ou ben chamando ó teléfono 981 364 971. Os locais participantes elaborarán unha ou varias tapas –doces ou salgadas- que serán degustadas gratuitamente polos clientes, co fin de aumentar a presenza de usuarios e reactivar o consumo nos establecementos de hostelería, así coma a participación nos actos programados dende o Concello. Ademáis, os clientes que acudan disfrazados terán dereito a participar nun sorteo de varias ceas para dúas persoas nalgún dos restaurantes ou tabernas participantes, para o cal deberán cubrir un boleto cos seus datos de contacto e introducilo nunha urna. Os días 7 e 9 de febreiro, as xornadas gastronómicas estarán dinamizadas coa actuación das comparsas nos establecementos adheridos á campaña do Entroido Gastronómico 2013.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal