Está integrada por forzas e corpos de seguridade do Estado, administracións públicas e grupos políticos municipais.
Narón, 7 de Febreiro de 2013.- O Concello de Narón acolleu hoxe a primeira reunión da Xunta Local de Seguridade, presidida polo Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e co-presidida polo subdelegado do Goberno en Galicia, Jorge Atán. Na xuntanza tamén participaron representantes dos Corpos e Forzas de seguridade do Estado e da corporación Municipal de Narón. (Ver listado ó final da nota de prensa)
Esta Xunta Local de Seguridade quedou formalmente constituída no día de hoxe, adaptándose así á normativa establecida no Real Decreto de 2010, no que se establecen a composición e as funcións deste organismo.
No transcurso da reunión, analizouse a problemática da violencia de xénero, sobre a cal o subdelegado do goberno indicou que “se debe avanzar na firma dun protocolo de seguridade entre o Concello de Narón e as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado”, de cara a mellorar a coordinación. Ademáis, analizáronse os datos sobre seguridade cidadá, ó respecto dos cales Jorge Atán indicou que “o índice de criminalidade mantense en parámetros normais” sendo a tasa de criminalidade dun 28 por mil na zona de Narón, cando no resto de España é de case un 50 por mil.
A este respecto, o Alcalde de Narón declarou que o tema da seguridade cidadá está razonablemente controlado, estando o índice de roubos e outros delitos menores por debaixo da media. “Salvo casos moi puntuais, a situación en Narón non é problemática, ó contrario, os datos son positivos” indicou José Manuel Blanco.
A xuntanza de hoxe tamén servíu para que se comenzase a avanzar no establecemento dos límites entre a zona do Concello de Narón e a zona da Dirección Xeral de Tráfico, a efectos de seguridade vial. Está previsto que no prazo de 6 meses a Xunta Local de Seguridade volva a reunírse, momento no cal se presentará a delimitación exacta e se someterá a aprobación.
O Alcalde de Narón tamén quixo elevar un recoñecemento público da Alcaldía ó Xuíz-Decano de Ferrol, Alejandro Morán Llordén,destacando a súa labor desenvolvida nestos anos e manifestar o agradecemento de Narón “pola súa permanente adicación e a súa encomiable actuación en materia de seguridade cidadá e na persecución das conductas delictivas, especialmente no que atinxe ao tráfico de estupefacientes, no noso termo municipal”, apuntou o Alcalde.
Relación de membros da Xunta Local de Seguridade:
-José Manuel Blanco Suárez (Alcalde de Narón)
-Jorge Atán Castro (Subdelegado do Goberno en A Coruña)
-Eva Vázquez Castelo (Vicesecretaria da Subdelegación do Goberno)
-Antonio Nieto Lamas (Representante autonómico –Inspector Xefe da Unidade do Corpo Nacional da Policía adscrito á Xunta-)
-Angel Casanova Martínez (Comisario da Comisaría de Policía Local de Ferrol-Narón)
-Guillermo Sánchez Fojo (Concelleiro de Seguridade Cidadá de Narón)
-Miguel de Santiago Boullón (Concelleiro do PP)
-Pablo Villamar Díaz (Concelleiro do BNG)
-Eduardo Pita García (Xefe da Policía Local de Narón)
-Francisco Javier López Dopico (Alférez Xefe do Destacamento de Tráfico da Garda Civil de Ferrol)
-Jose Luis Balseiro Vigo (Comisario Provincial da Policía Nacional)
-Catalina García Blanco (Concelleira do PSOE)
-Mª José Rodríguez Porto (Concelleira do Grupo Mixto)
-Alfonso de Prado Fernández-Canteli (Secretario Xeral do Concello de Narón)